2012-2013

STROMBOLI

FRANCISCO CRUZOU CO SEU BUQUE OCEANOGRÁFICO O ESTREITO DE MESINA, UNHA LÍNGUA DE MAR SITUADA ENTRE A PENÍNSULA ITALIANA E A ILLA DE SICILIA

 DENDE A PONTE DO BARCO, O PAI DE FRAN DIVISOU A ILLA DE STROMBOLI, COA IMPONENTE SILUETA DO SEU VOLCÁN RECORTÁNDOSE NAS DERRADEIRAS LUCES DO DÍA

O STROMBOLI É UN VOLCÁN ACTIVO. AS SÚAS EXPLOSIÓNS DE LUME E LAVA REPÍTENSE APROXIMADAMENTE CADA 20 MINUTOS E ESTÁN PRECEDIDAS POR TEMBLORES E "RUXIDOS" DA TERRA. ADEMAIS, DO CRÁTER EMANAN VAPORES DE XOFRE A UNHA TEMPERATURA DE ENTRE 100º E 200º CENTÍGRADOS.

AÍNDA ASÍ PÓDENSE ORGANIZAR VISITAS GUIADAS POR VULCANÓLOGOS PARA COÑECER DE CERCA A ACTIVIDADE DO STROMBOLI E, QUIZAIS TAMÉN, POR VER SE OS PERSONAXES DE XULIO VERNE QUE FIXERAN A "VIAXE Ó CENTRO DA TERRA" VOLVEN SAÍR Á SUPERFICIE TERRESTRE POLO CRÁTER DESTE VOLCÁN...

(GRAZAS, FRANCISCO,  POR AXUDARNOS TI TAMÉN A DESCUBRIR O MUNDO !)

A MALETA VIAXEIRA CHEGA Á CASA DE LUCÍA

A MALETA VIAXEIRA CHEGA Á CASA DE LUCÍA

 

A ARQUITECTURA DOS CASTELOS

A PROFE YOLI TRÓUXONOS UN CONTO MOI CHULO SOBRE OS CASTELOS. NO CONTO APARECÍA UN GRAN CASTELO COAS SÚAS ESTANCIAS E COAS PERSONAXES MEDIEVAIS QUE O HABITABAN. A PARTIR DO MESMO, DEBUXAMOS OS NOSOS PROPIOS CASTELOS E LLE PUXEMOS NOMES MOI PECULIARES.



GRAZAS PROFI YOLI!

TORRES DO OESTE

BRUNO CONVÍDANOS A VISITAR AS TORRES DO OESTE, EN CATOIRA E A COÑECER A SÚA HISTORIA:
O rei Afonso III, O Magno, mandou levantar os dous edificios máis importantes do século IX en Galicia. Un deles era relixioso, a Basílica do Apóstolo, en Compostela, e o outro era unha obra civil: a reconstrución do Castellum Honesti, en Catoira.


O vello enclave romano converteuse nun dos principais castelos do reino de Galicia. O monarca armou o lugar con murallas e torres de gran altura, dúas delas aínda se conservan hoxe en día.
As Torres do Oeste impediron durante séculos o ascenso polo Ulla dos exércitos normandos e dos piratas sarracenos e a súa chegada a Compostela.


Evitáronse os ataques a Santiago, pero pouco fixeron contra o pillaxe normando nas poboacións da costa de Arousa...

VISITA Ó ZOO

BRUNO COMPARTE CON NÓS AS IMAXES QUECAPTOU NO ZOO DE VIGO PARA QUE POIDAMOS APRENDER MÁIS DE RÉPTILES, AVES,  MAMÍFEROS...

CIDADE AMURALLADA

O BUQUE OCEANOGRÁFICO ONDE VIAXA O PAI DE FRAN CHEGOU Ó PORTO ITALIANO DE BRINDISI

E DENDE ALÍ FRANCISCO ENVÍANOS IMAXES DO QUE FOI UNHA CIDADE AMURALLADA

Distribuir contido