2012-2013

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes,

ou mellor dito o aniversario:

Cristian xa ten 5 anos!!!

As cantigas a pleno pulmón chegaron da man

dos tríos, cuartetos e quintetos voluntarios.

Xa animados fixémonos coa pista de baile!!!

PARABÉNS!!!

CAMPO LAMEIRO

O Martes 28 de Maio realizamos a excursión de fin de curso:

visitamos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Primeiro elaboramos un mural conxunto con pintura fabricada por nós,

despois merendamos e por último exploramos o exterior.

No medio do camiño tivémonos que resgardar,

pois a choiva fixo a súa aparición.

Cando escampou puidemos continuar...

Gustounos moito!!!

ETUR, O GRAN CERVO

NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO HAI MOITAS COUSAS INTERESANTES QUE VER, UNHA DAS QUE MÁIS NOS IMPRESIONOU

FOI O GRAVADO QUE OS NOSOS ANTERGOS FIXERON DUN GRAN CERVO, QUE SEGÚN A LENDA SE CHAMABA ETUR.

ETUR ERA TAN GRANDE E TAN FORTE QUE PRECISARONSE SEIS LANZAS PARA SER ABATIDO.

E ASÍ SE REFLICTE NUN DOS PETRÓGLIFOS QUE ALÁ VIMOS. NOS AO CHEGAR Á ESCOLA QUIXEMOS REPRESENTALO:

VISITAMOS CAMPO LAMEIRO

A VISITA QUE FIXEMOS AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO FOI UN ESTUPENDO REMATE

PARA O PROXECTO QUE DESENVOLVEMOS ESTE CURSO, DESENTERRANDO O PASADO.

E DESENTERRANDO FOI COMO ATOPARON ESTES IMPRESIONANTES PETRÓGLIFOS:

PREMEDE PARA VER AO GRUPO DE INFANTIL:

PREMEDE PARA VER AO GRUPO DE PRIMARIA:

CAMPO LAMEIRO


UNHA VISITA A CAMPO LAMEIRO PARA LEMBRAR O TRABALLO REALIZADO SOBRE A PREHISTORIA DURANTE O CURSO

A MALETA DA POESÍA

A MALETA DA POESÍA

VISITA DOS OCEANÓGROFOS DE ECO-MAR

Hoxe recibimos a visita dos oceanógrafos do programa ECO-MAR. Nesta visita ensináronnos unha gran cualidade dos peixes: a capacidade de CAMUFLARSE, cambiando a cor e a forma para escapar dos inimigos e tamén para alimentarse sen ser vistos.

Descubrimos que o polbo cambia de forma imitando aos animais mariños perigosos, xa que así asustan aos demais peixes, evitando ser capturados. Tamén aprendemos a diferenciar un cabaliño de mar macho dunha femia e nos sorprendemos ao averiguar que o que garda as crías e pon os ovos é o macho.

Vimos un vídeo dun buzo que convivía e alimentaba ás quenllas e que se lle tocaba o nariz, movíanselle uns peliños que facía que permanecera case durmido; aproveitando o seu estado para poñelo facendo o pino.

Finalmente, recreamos o traballo dun "acuarista" que é a persoa que coida dos peixes e da súa contorna; igual que o noso amigo David.

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O MARTES 28 DE MAIO FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIROALÍ FIXEMOS AS NOSAS PINTURAS RUPESTRES POR MEDIO DE PIGMENTOS QUE ELABORAMOS A PARTIR DE MATERIAIS DA NATUREZA, INVESTIGAMOS SOBRE OS PETRÓGLIFOS, FIXEMOS UN PEQUENO ROTEIRO ONDE DESCUBREMOS LABERINTOS E POBOADOS DA IDADE DE BRONCE E FIXEMOS UNHA PEQUENA VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN.

GRUPO I - INFANTIL


ROTEIRO ARQUEOLÓXICO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" DO CRA DE RIANXO PROGRAMOU, O XOVES 30 DE MAIO, UN ROTEIRO ARQUEOLÓXICO ÁS "COVAS DOS MOUROS" (MÁMOAS DOS CAMPIÑOS) E Ó PETRÓGLIFO DO FOXO VELLO, EN LEIRO.


Distribuir contido