CAMPO LAMEIRO

O Martes 28 de Maio realizamos a excursión de fin de curso:

visitamos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Primeiro elaboramos un mural conxunto con pintura fabricada por nós,

despois merendamos e por último exploramos o exterior.

No medio do camiño tivémonos que resgardar,

pois a choiva fixo a súa aparición.

Cando escampou puidemos continuar...

Gustounos moito!!!