VISITA DOS OCEANÓGROFOS DE ECO-MAR
Hoxe recibimos a visita dos oceanógrafos do programa ECO-MAR. Nesta visita ensináronnos unha gran cualidade dos peixes: a capacidade de CAMUFLARSE, cambiando a cor e a forma para escapar dos inimigos e tamén para alimentarse sen ser vistos.
Descubrimos que o polbo cambia de forma imitando aos animais mariños perigosos, xa que así asustan aos demais peixes, evitando ser capturados. Tamén aprendemos a diferenciar un cabaliño de mar macho dunha femia e nos sorprendemos ao averiguar que o que garda as crías e pon os ovos é o macho.
Vimos un vídeo dun buzo que convivía e alimentaba ás quenllas e que se lle tocaba o nariz, movíanselle uns peliños que facía que permanecera case durmido; aproveitando o seu estado para poñelo facendo o pino.
Finalmente, recreamos o traballo dun "acuarista" que é a persoa que coida dos peixes e da súa contorna; igual que o noso amigo David.
- APIs de Blogue