O AVERRÓ
O AVERRÓ |
O AVERRÓ É UNHA AVE XIGANTE, CON ENORMES GARRAS, QUE VIVE NO ALTO DUNS PENEDOS MOI ESCARPADOS NO MEDIO DA NOSA RÍA, PERO SÓ OS MARIÑEIROS MÁIS EXPERTOS COÑECEN A UBICACIÓN EXACTA DESTAS ROCHAS. |
DESPOIS DA GUERRA QUE HOUBO NO NOSO PAÍS HAI MOITOS ANOS, A COMIDA ESCASEABA E O PEIXE QUE PESCABAN OS MARIÑEIROS ERA PARA VENDER E PODER SOBREVIVIR. PARA NON PASAR FAME OS MARIÑEIROS ÍAN NAS SÚAS DORNAS ATA O MEDIO DA RÍA AO NIÑO DO AVERRÓ, PARA LLE ROUBAR OS OVOS. PORQUE ESES OVOS ERAN TAN GRANDES QUE BASTABA UN SÓ PARA FACER UNHA TORTILLA PARA TODA A FAMILIA |
A TRAVESÍA ERA MOI PERIGOSA, E HABÍA QUE SAÍR MOI CEDO PARA CHEGAR ÁS ROCHAS ANTES DE ABRIR O DÍA. E AO CHEGAR AOS PENEDOS TIÑAN QUE TER MOITO COIDADO COAS ONDAS QUE ROMPÍAN NA BASE, E AO MESMO TEMPO TIÑAÑ QUE IR MOI A MODIÑO PARA SE ASEGURAR DE QUE O AVERRÓ NON ESTIVERA NO NIÑO |
GABEABAN POLAS ROCHAS ATA CHEGAR AO NIÑO E COLLÍAN OS OVOS E FUXÍAN, PENDENTES DO CEO EN TODO MOMENTO, POR SE VÍAN APARECER AS GRANDES ÁS DO AVERRÓ , OU POR SE O SENTÍAN PIAR XA QUE OS SEUS AGUDOS CHÍOS ÓENSE DENDE MOI LONXE |
PERO UNHA VEZ INICIABAN A VIAXE DE REGRESO, O PERIGO NON REMATABA PORQUE SI O AVERRÓ VOLTABA ANTES DE QUE ESTIVERAN LONXE DOS PENEDOS, EMPEZABA A PERSEGUILOS PARA RECUPERAR OS SEUS OVOS, ATACÁBAOS E AFUNDÍA AS EMBARCACIÓNS |
FIN |
ESTA NOVA ESTÁ ADICADA O AVÓ DA PROFE CELIA,
GRAN MARIÑEIRO E PESCADOR DE OVOS DE AVERRÓS E DE HISTORIAS PARA OS SEUS NETOS.
E ESTA HISTORIA ESTÁ ADICADA TAMÉN Á PROFE CELIA QUE QUIXO COMPARTIR CON NÓS
O CARIÑO QUE LLE TRANSMITIRON OS SEUS AVÓS CANDO ERA UNHA MENIÑA
AS LENDAS DO MAIO E A HISTORIA DO AVERRÓ CONTADAS POR CELIA
*
O XOGO DO AVERRÓ:
- APIs de Blogue