O HOME DE SAGRES
HOME DE SAGRES:
DA SÚA BOCA ABERTA DESPRENDÉRONSE A LÍNGUA, QUE TRONZOU POR SETE PARTES, E OS DENTES E AS MOAS, QUE QUEDARON ESPARECIDOS POLO MAR
As rochas do arquipélago de Sálvora gardan a historia dun encantamento...
Dise que os celtas chegaron a estas illas sabedores da maldición que as protexía e que convertía en pedra a calquera inimigo dos seus habitantes.
Saefes, xefe dos celtas, quixo conquistar as illas conquistando primeiro a Forcadiña, filla de quen gobernada naquelas terras, coa que tivo un fillo, Nor. Pero o seu plan foi descuberto e nada o librou de quedar petrificado. Dende aquela pódese ver a súa silueta no penedo de Sagres.
E en pedra convertíronse tamén Forcadiña e Nor, e todos os guerreiros celtas cos seus navíos, como advertencia para inimigos futuros...
A TRIBO DE SAGRES:
Na illa de Sálvora descubrimos outros seres petrificados: un elefante, un delfín, unha balea, un tiburón, un cormorán, un parrulo a dormir, un oso a comer e as pezuñas dun animal xigantesco
Se non es quen de asocialos coas imaxes, podes botalo a sortes con este dado...
- APIs de Blogue