2011-2012

PIRAGÜISMO NO RÍO ULLA

                 A PESAR DAS INCLEMENCIAS DO TEMPO,

OS NENOS DE PRIMARIA, COMO AGUERRIDOS PIRAGÜISTAS, 

FIXERON A XORNADA PREVISTA NO RÍO ULLA.

A EXPERIENCIA FOI FANTÁSTICA,

TIVERON COMO MONITORES UNS PIRAGÜISTAS 

DE ÉLITE, QUE NOS FIXERON UNHA MAGNÍFICA EXPOSICIÓN

DESTE DEPORTE.

SEGURO QUE ALGÚN DE NÖS DESTACARÁ OU, CANDO MENOS,

DISFRUTRÁ DESTE ESTUPENDO DEPORTE.

A MIÑA NAI: MARISCADORA

OLA, SON ROI E GUSTARÍAME CONTARVOS QUE EU TEÑO UNHA FAMILIA  MARIÑEIRA.



A MIÑA NAI É MARISCADORA. NESTAS FOTOS ESTÁ TRABALLANDO NA PRAIA DE TANXIL.

COLLE AMEIXAS, BERBERECHOS,...E DESPOIS VÉNDEOS NA LONXA.


 

ALGUNHAS VECES MIÑA NAI TEN QUE IR SEMENTAR A CRÍA DE AMEIXA E DE BERBERECHO COMO FIXO ESTA SEMANA

TEÑEN MOITOS LUGARES DE TRABALLO COMO A PRAIA DA TORRE, A RIBEIRA, TANXIL,....


 

 

E O SEU HORARIO DEPENDE DAS MAREAS, UNHA VECES VAN POLA MAÑÁN BEN CEDO, A MEDIA MAÑÁN, POLA TARDE,...

AH, A MIÑA NAI CHÁMASE EVA E A MIN GÚSTAME QUE SEXA MARISCADORA.

  


POSTA DE IÑOBRE

Entre a desembocadura do río Té ou do Castelo e o lugar da Burata en Taragoña hai un anaco de costa no que a terra se mete no mar formando un pequeno arrecife de baixo fondo.
É a Punta da Posta ou Posta de Iñobre, lugar moi coñecido en Taragoña e comarca por ofrecer dende a súa pequena lomba unha preciosa paisaxe marítimo-terrestre que deleita e causa pracer nos sentidos de calquer ser humano.

Venlle o nome de Posta por ser ideal para pescar e Iñobre porque pertencen esas terras á aldea do mesmo nome. Aínda non hai moitos anos que os mariñeiros de Rianxo e doutros lugares largaban os aparellos da "secada" na Posta de Iñobre. Os homes tiraban polas betas da rede e cando o "cope" chegaba a terra repartían o "quiñón" que o patrón da lancha lles asignaba. O quiñón de peixe ía para a casa na "encambada" (pola pequena dunha árbore, con gallos e sen follas para enganchar os peixes) e viña moi ben para os fogares daqueles tempos, que esperaban por eles para quentalos enriba dunhas ascuas e quita-la fame daquel longo día case sen probar alimento.


Na restinga da Posta de Iñobre había mexillóns, caramuxos, ostras, camaróns, fanecas, lorchos e algún congrio despistado que non se enteraba que baixaba a marea. Nos arredores había ameixas, algo moi cotizado hoxe en día no noso país e no exterior.

Había un mariñeiro que toda a súa vida andivo polo mundo a navegar en barcos doutros donos  e dicía que si algún día tivera un barco de seu ía poñerlle o nome de Punta de Iñobre porque este sitio tenlle dado moitas e boas viandas que lle quitaron moita fame naqueles tempos en que as barrigas estaban valdeiras.

Familia de Clara
( adicado ó avó Che)

XORNADA SAUDABLE EN FAMILIA

O SÁBADO 2 DE XUÑO O CRA DE RIANXO, A TRAVÉS DO SEU DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA, ORGANIZOU EN COLABORACIÓN CO CLUB DE PIRAGÜÍSMO DE CATOIRA UNHA XORNADA FAMILIAR DE ACTIVIDADES SAUDABLES.

ver a xornada no

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

CORRUBEDO

CORRUBEDO, CAMIÑOS DE AUGA, TERRA, VENTO E AREA

VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES

O XOVES 30 DE MAIO E O LUNS 4 DE XUÑO O ALUMNADO QUE ESTÁ A CURSAR O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA REALIZOU UNHA VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO, O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO E O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA .
*
navega polas páxinas web do

CEIP " A.D.R. CASTELAO

CEP "XOSÉ Mª BREA SEGADE"

A PRAIA DA TORRE

OLA, SON ALEX.
NA MIÑA CASA FIXEMOS UN LIBRO DA PRAIA DA TORRE PARA LEVAR PARA A ESCOLA E AGORA, PARA QUE O PODADES VER TODOS, POÑÉMOLO TAMÉN NESTE LIBRO DO MAR

A Praia da Torre é a máis longa de Rianxo. Accédese a ela dende o pobo de Rianxo por un agradable paseo marítimo.

Se vimos camiñando dende Rianxo, sabemos que ó cruzar esta ponte entramos en Taragoña, e viceversa...

 

A praia da Torre ten unha area fina e case non ten oleaxe. Conta cun bó número de servizos, entre os que se inclúen unha zona de aparcamentos, e unha zona de recreo para nenos e anciáns con merendeiros.
Dise que é unha praia de caracter semiurbán  e de ocupación media

Se camiñamos dende Taragoña pola beiramar ata Rianxo, topamos cos restos do Castelo da Lúa.

O castelo foi derruído polos irmandiños pero nunca desapareceu de todo

 

 

FIN

(Familia de Alex)

O PORTO DE VIGO

Ola, son Sabela.

Quérovos contar a todos o que contaba a miña bisavoa do Porto de Vigo, en Taragoña. Indo por un camiño de pé pola beira do mar, entre a ponte da actual autovía e Ponte Beluso, había un pequeno río, que agora é un regato. O río tiña un lavadoiro cunhas pedras que cos temporais do inverno se desfacían e habíaas que arranxar. No inverno case non se usaba porque se lavaba a roupa na Fonte da Cruz, pero coa seca do verán, íase ó río.

Lavábase a roupa, pero tamén as tripas da matanza e alí xuntábanse as gaivotas do mar para comer os desperdicios.
Ás veces pasaban no río do Porto de Vigo todo o día. Puñan a roupa a clareo e esperaban a que secara e xa comían alí.
Contaba a miña bisavoa que ó rematar o traballo, no verán, as mozas aproveitaban para se bañar, pero
daquela non tiña traxe de baño e bañábanse co biso que levaban por debaixo do vestido. Os mozos ían asexalas e elas, como vinganza, esperaban a que se bañaran eles e ían agocharlle a roupa...


Agora este lugar está moi cambiado, mesmo fixeron unha rampa, pero sempre seguirá sendo o Porto de Vigo, onde miña bisavoa tanto traballou e tanto disfrutou.

( Familia de Sabela)

POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 28, 29 E 30 DE MAIO REALIZARANSE AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
ESTA ACTIVIDADE COMPLEMENTARASE CUNHA VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E UN BREVE RECORRIDO GUIADO POR DISTINTOS ESPAZOS RIANXEIROS.

*

 ver a actividade en

DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CAPELA

POLIDEPORTIVO E BIBLIOTECA

ANTES DA ÚLTIMA SESIÓN DE POLIDEPORTIVO DESTE CURSO VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL E FACEMOS UN PEQUENO PERCORRIDO POLA VILA DE RIANXO.

   

                    SOFÍA AMÓSANOS AS INSTALACIÓNS DA BILIOTECA

   

         FERNANDO AMÓSANOS DIFERENTES LUGARES DE RIANXO

                            E XA NO POLIDEPORTIVO:

   

                                                  SALTAMOS NO TRAMPOLÍN

   

                                                    XOGAMOS COAS CINTAS DE RITMO

  

                                           LANZAMOS INDIAKAS E ARIÑOS DE GOMA

  

                                                   EQUILIBRÁMONOS SOBRE ZANCOS

  

                                   XOGAMOS LIBREMENTE CO MATERIAL DO QUE DISPOÑEMOS

  

                                             E REMATAMOS CUNS MINUTIÑOS DE RELAXACIÓN

Distribuir contido