2011-2012

A PRAIA DE TRONCO

OLA, SON FRAN E QUÉROVOS EXPLICAR CANTO SEI DA PRAIA DO TRONCO...

PARA QUE VEXADES ONDE ESTÁ SITUADA FÍXENVOS UN MAPA.

COMO VEDES, A DO TRONCO É UNHA PEQUENA PRAIA (DUNS 100 METROS DE LONGO) SITUADA ENTRE A PRAIA DE TANXIL E A DESEMBOCADURA DO RÍO DA GRENLA.
NOS SEUS EXTREMOS HAI UNS PEDREGAIS E CANDO SOBE A MAREA, A PRAIA, DE AREA MOI FINA, DESAPARECE.


PARA CHEGAR Ó TRONCO TEMOS QUE BAIXAR POR UNHAS PEQUENAS ESCALEIRAS DENDE ONDE PODEMOS VER LOUREIROS, HEDRAS E PEQUENOS PINAIS. ALÍ HABITAN MOITOS PAXAROS COMO CORVOS, POMBAS, MERLOS, E MOITOS XÍLGAROS, HOXE A SALVO DE SER ATRAPADOS UTILIZANDO VARIÑAS CON PEGAMENTO, COMO SE ADOITABA FACER HAI 15 OU 20 ANOS !!

NA PRAIA DO TRONCO NON HAI MOITO MARISCO, SÓ TEN ALGO DE BERBERECHO, PERO NA ESQUINA QUE HAI Ó LADO DE TANXIL, A CORNA, HABÍA MOITAS OSTRAS, CARAMUXOS E CAMARÓNS. ANTIGAMENTE TAMÉN SE COLLÍAN ALÍ PEDRAS PARA PEGAR NAS FACHADAS DAS CASAS.

PÓDESE DICIR QUE A ZONA DA PRAIA DO TRONCO NON TEN MOITOS PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS AGÁS O INMOBILIARIO, PERO COMO AGORA NON SE PODE CONSTRUÍR PRETO DA COSTA, ESTÁ A SALVO. NON É UNHA ZONA VIRXE DA COSTA, PERO O MELLOR QUE TEN É QUE ESTÁ POUCO EXPLOTADA.

Familia de FRAN

Columpios de corda na Praia de Tronco

MÁIS FLORES

PARECE QUE A PRIMAVERA  QUEDOU ADORMECIDA,

PERO NON  É ASÍ, POIS AS FLORES ESTÁN A

LUCIR AS SÚAS CORES

QUE ELA LLES PINTA, AINDA QUE NON SE DEIXE VER.

E, O XARDÍN  DE LIDIA DA BOA CONTA

COMO SE PODE VER.

 


DEBUXOS DE SÁLVORA

 

 

 

                   AO CHEGAR DE SÁLVORA, FIXEMOS ESTES

                    DEBUXOS PARA NON ESQUECER ESTA SAÍDA,

                      XA   QUE PARA ALGÚNS DE NOS FOI A

                ÚLTIMA NO C.R.A.

EXCURSIÓN A SÁLVORA

ESTE ANO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

FOI A SÁLVORA, UNHA DAS ILLAS QUE INTEGRAN

O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

 

 

NO PERCORRIDO QUE FIXEMOS VIMOS UNHA FORTALEZA

QUE FOI A PRIMEIRA SALAZONERA DE GALICIA ALÓ

POLO SÉCULO XVIII.

 

 

 

 

  DE CAMIÑO HACIA O FARO POIDEMOS VER

AS GAIVOTAS PATIAMARELAS,

AS EXTRAÑAS FORMAS QUE FACÍAN ALGUNHAS ROCHAS

OU PLANTAS COMO A"BARBA DE RAPOSO"


 


TAMÉN ATOPAMOS A TOBA DUN COELLO E,

XA DE VOLTA, POIDEMOS VER OS CABALOS SALVAXES.

E ALGUNHA GAIVOTA QUE OBSERVABA

 COMO EMBARCABAMOS E TODO VOLVÍA A NORMALIDADE.



FLORES SILVESTRES

       COMO ESTAMOS NA PRIMAVERA

    OS CAMPOS ESTÁN CUBERTOS DE

   FERMOSAS  FLORES DE MÚLTIPLES CORES

  

   E ,A NOSA AMIGA ANTÍA,

APROVEITOU UN PASEO

    PARA RECOLLER UN RAMIÑO

QUE TROUXO PARA A ESCOLA. 


LER EN FAMILIA

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" REALIZOU O XOVES 14 DE XUÑO NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, A SESIÓN DE ANIMACIÓN E FORMACIÓN LECTORA
"LER EN FAMILIA"

NA SESIÓN, DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO, CONTOUSE COA ASISTENCIA DE NAIS DO CRA DE DODRO, PROMOTORAS DO CLUB DE LECTURA  "LeCRAS"


SÁLVORA

Hoxe fixemos a excursión de fin de curso: fomos á Illa de Sálvora.

O autobús levounos ata Ribeira, onde nos agardaba un barco: o "Fly delfín".

Embarcamos e acomodámonos para desfrutar da viaxe:

Atendemos a explicación sobre normas de comportamento e seguridade:

Xa na illa, aventurámonos a explorala:

Fixemos a ruta que leva ata a aldea

e no camiño atopamos unha fonte con auga que da forza e saúde!!!

Un descasiño antes de abandonar a illa:

De volta, no barco, repuxemos forzas coa merenda

e como non podiamos marchar sen ver o timón, pedímoslle permiso ao "capitán". Deixounos entrar na cabina e debeunos de ver cara de responsables porque...

MENUDA SORPRESA! decidiu poñer o rumbo do barco nas nosas mans!!!

FOI TODA UNHA AVENTURA!

O HOME DE SAGRES

HOME DE SAGRES:
DA SÚA BOCA ABERTA DESPRENDÉRONSE A LÍNGUA, QUE TRONZOU POR SETE PARTES, E OS DENTES E AS MOAS, QUE QUEDARON ESPARECIDOS POLO MAR

As rochas do arquipélago de Sálvora gardan a historia dun encantamento...

Dise que os celtas chegaron a estas illas sabedores da maldición que as protexía e que convertía en pedra a calquera inimigo dos seus habitantes.

Saefes, xefe dos celtas, quixo conquistar as illas conquistando primeiro a Forcadiña, filla de quen gobernada naquelas terras, coa que tivo un fillo, Nor. Pero o seu plan foi descuberto e nada o librou de quedar petrificado. Dende aquela pódese ver a súa silueta no penedo de Sagres.
E en pedra convertíronse tamén Forcadiña e Nor, e todos os guerreiros celtas cos seus navíos, como advertencia para inimigos futuros...

A TRIBO DE SAGRES:

                     
                     

Na illa de Sálvora descubrimos outros seres petrificados: un elefante, un delfín, unha balea, un tiburón, un cormorán, un parrulo a dormir, un oso a comer e as pezuñas dun animal xigantesco

Se non es quen de asocialos coas imaxes, podes botalo a sortes con este dado...


A SEREA DE SÁLVORA

Un bo cabaleiro de nome Don Froilan, andando un día co seu cabalo por riba do mar, achou unha muller mariña na ribeira.  Ela era moi fermosa, pero non era quen de falar nin unha migalla.
Froilán namorouse dela e quixo poñerlle nome. E pensou que lle non caía nome mellor
ca o de Mariña, porque saíra do mar.
Froilan amábaa moito e tivo con ela un fillo, pero nunca se lle quitou a pena de que Mariña non poidese falar.
Un día mandou facer unha moi grande fogeira no seu pazo, e ela viña de fóra, e traía aquel seu fillo consigo, a quen amaba tanto coma ó seu corazón.
E don Froilán foi coller aquel fillo seu e dela, e fixo que o quería botar ó lume. E ela, coa rabia e a dor polo filho, esforzouse en berrarr, e co berro botou pola boca un anaco de carne, e dalí adiante falou...»
 

Conde de Barcelos,"Livro de Linhagens", século XIV

*
O xogo da serea dos Mariño

XIROS

DESPOIS DE TANTA ACTIVIDADE NO EXTERIOR RETORNAMOS Á NORMALIDADE, AO TRABALLO DE AULA. ESTA SEMANA ESTAMOS TRABALLANDO OS XIROS, OU VOLTERETAS, OU TOMBOS DE GATO, ... DE CANTAS MANEIRAS PODEMOS CHAMARLLES!!

PRIMEIRO FACÉMOLOS EN PLANO INCLINADO, QUE É MÁIS DOADO

A CONTINUACIÓN ATREVÉMONOS EN PLANO HORIZONTAL

            

PODEDES PROBAR TAMÉN NO VOSO TEMPO LIBRE, PERO SEMPRE EN SITIO SEGURO.

NON SE VOS OCURRA PRACTICAR NO SOFÁ OU NA CAMA!! QUE É PERIGOSO.

 

Distribuir contido