2011-2012
OS BOMBEIROS NA ESCOLA DE PAZO
UN ANO MÁIS OS BOMBEIROS VISITAN A NOSA ESCOLA E, LOGO DUNHA EXPLICACIÓN MOI INTERESANTE,
RECÓRDANNOS UN NÚMERO MOI IMPORTANTE: O 112
- APIs de Blogue
112
VIÑERON VISITARNOS, UN ANO MÁIS , OS BOMBEIROS.
COMO AS EMERXENCIAS NON SON COUSAS COAS QUE SE POIDAN XOGAR, VIÑÉRONNOS APRENDER O QUE TEMOS QUE FACER EN CASO DE PERIGO.
E TAMÉN, A XOGAR UN POUCO CON NÓS...
( ESTA NOVA ESTÁ ADICADA A FRAN,
QUE ESTIVO A ESPERAR NA CASA A QUE SE PUBLICARAN AS FOTOS DESTA SESIÓN NO PORTAL)
- APIs de Blogue
BARCOS DE CARGA. O GUADAIRA
ANTIGAMENTE, MOITOS PRODUTOS ERAN TRANSPORTADOS POLO MAR. NA MIÑA FAMILIA TAMÉN HOUBO QUEN TRABALLOU TRANSPORTANDO CARGAS NO SEU BARCO.
O GUADAIRA ERA UN BARCO CARGUEIRO.
ERA UN BARCO DE MADEIRA, COMA TODOS OS DAQUELA ÉPOCA, PERO NON ESTABA TRATADO CONTRA OS TÉRMITES QUE ROEN A MADEIRA. CONTAN QUE, RECÉN CHEGADO DO BRASIL, CANDO NAVEGABA Á ALTURA DA PRAIA DA TORRE, AS TÉRMITES XA DERAN BOA CONTA DO BARCO E ESTE COMEZOU A DESMORONARSE DEIXANDO TRAS DE SI UN RONSEL DE MADEIRA ROÍDA.
CONTAN TAMÉN QUE, DURANTE UNS DÍAS, A XENTE DE TARAGOÑA PUIDO IR Á PRAIA DA TORRE APAÑAR TABACO E CAFÉ, POIS ESA FORA A DERRADEIRA CARGA DO BARCO.
Fabiola Lorenzo
- APIs de Blogue
DA PEDRA DA VIÚDA ÁS LOBEIRAS
ENTRE TARAGOÑA E RIANXO PODEMOS IR POLA BEIRAMAR DESCUBRINDO NOMES DO MAR:
A PEDRA DA VIÚDA, A PUNTA DA POSTA, A PEDRA DOS LADOS, O CASTILLO, A PEDRA DA OSTREIRA, AS LONGRAS, AS LOBEIRAS,...
POLO PASEO MARÍTIMO QUE UNE OS DOUS LUGARES OBSERVAMOS ADEMAIS DIVERSOS TIPOS DE ÁRBORES, COMO OS CARBALLOS E OS PIÑEIROS.
NELES POUSANSE DIFERENTES TIPOS DE AVES: CORVOS, ESTORNINOS, GAIVOTAS.
E AS LAVANDEIRAS, QUE POÑEN OS SEUS NIÑOS NOS CASCOS DOS BARCOS VELLOS QUE ESTÁN NO MAR.
NA TORRE VEMOS A CHEMINEA DUNHA FÁBRICA DE MADEIRA, QUE COS ANOS RECONVERTIUSE NUN TALLER DE TANQUES, OU FLOTADORES DE BATEAS.
PERO SE QUEREMOS IR DENDE TARAGOÑA ATA RIANXO BUSCANDO NOVOS CAMIÑOS, SÓ TEMOS QUE ATOPAR O TÚNEL QUE, SEGUNDO CONTAN, HABÍA ENTRE TANXIL E O MONTE DO CASTRO...
FABIOLA
- APIs de Blogue
UNHA OBRA DE TEATRO EN PAZO
VERDADEIROS ACTORES E ACTRICES ESTÁN FEITOS OS NENOS E NENAS DE PAZO PRIMARIA.
HOXE POLA MAÑÁ REPRESENTARON DIANTE DOS SEUS COMPAÑEIROS DE INFANTIL UNHA PEQUENA OBRA TEATRAL:
"A ROSA DE PASCUA"
O MEU PAI: BATEEIRO
OLA DE NOVO, AGORA GUSTARÍAME DESCRIBIRVOS O TRABALLO DE MEU PAI.
MEU PAI É BATEEIRO.
HOXE LEVANTOUSE BEN CEDO E FOI "FACER BOLSAS".
PARA ISO TEÑEN QUE LEVANTAR AS CORDAS CO MEXILLÓN DA BATEA E LEVALAS PARA O BARCO COA AXUDA DA GRÚA.
ALÁ AO FONDO ESTÁ O MEU PAI MANEXANDOA:
LOGO, NA CUBERTA DO BARCO, PREPARAN O MARISCO EN BOLSAS PARA LEVAR AO PEIRAO.
ALÍ ESPERA UN CAMIÓN PARA LEVALOS Á FABRICA OU DEPURADORA
ESTA É UNHA DAS XORNADAS DE TRABALLO DO MEU PAI.
EU PODO DICIR QUE A MIÑA FAMILIA É UNHA FAMILIA MARIÑEIRA.
- APIs de Blogue
ARTES DE PESCA
POR SE ALGUNHA VEZ VIAXADES DENTRO DUN GRAN PEIXE, PÓDEVOS SER DE INTERESE COÑECER O QUE A XENTE DO MAR NOS APRENDEU DAS ARTES DE PESCA COAS QUE TRABALLABAN NESTA ZONA...
O TRASMALLO:
ÚSASE PARA TODO TIPO DE PEIXE , E A PESCA VARÍA SEGÚN O TIPO DE MALLA
O XEITO:
SÓ PARA XOUBA E SARDIÑA
O "ATRAVESAMENTO":
USÁBANA ANTIGAMENTE ENTRE TARAGOÑA E CESPÓN.
LARGABAN AS REDES EN BAIXAMAR E Ó SUBIR A MAREA, OS PEIXES QUE ÍAN EN DIRECCIÓN TARAGOÑA E CESPÓN QUEDABAN ENGANCHADOS NA REDE, O QUE ASEGURABA UNHA BOA CAPTURA.
Fabiola Lorenzo
- APIs de Blogue
MAR FLORAL
NA PRAIA DA TORRE HAI MOITOS TIPOS DE ALGAS ARRASTRADAS POLAS MAREAS, QUE CUBREN DUN MANTO VERDE A AREA.
|
SEMELLA UNHA ALFOMBRA FLORAL !
PERO AS ALGAS PODEN USARSE COMO ABONO PARA A TERRA...
NESTA ÉPOCA DO ANO PÓDENSE ENCONTAR AS PRAIAS SUCIAS E CHEAS DE BASURA, PERO NON TODO É FEO !
COA BASURA PODEMOS CREAR COUSAS BONITAS...
|
FAMILIA DE FABIOLA
- APIs de Blogue
PIRAGÜÍSMO
O MARTES 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, O ALUMNADO DE PRIMARIA REALIZOU NAS MARXES DO RÍO ULLA ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO E PIRAGÜÍSMO EN COLABORACIÓN CO CLUB DEPORTIVO "AS TORRES" DE CATOIRA.
visualiza a nova en
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »