2011-2012
CORRUBEDO
O Venres 11 de Maio visitamos o Parque Natural de Corrubedo.
Aí vos deixamos algunhas fotos:
3ª SESIÓN DE BIBLIOTECA
DESTA VEZ, ÍA DE PIRATAS, TESOUROS, INVENTOS,
LIBROS DE CONTOS, DE INVESTIGACIÓN,...
- APIs de Blogue
FESTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS EN CAMPO MANEIRO A NOSA FESTA DAS LETRAS GALEGAS.
DISFRUTAMOS DUN DÍA ESTUPENDO NO QUE HOUBO DE TODO.
PRIMEIRO A CARREIRA DOS PEQUENOS: PREPARADOS!
LISTOS!
XA!
O PÚBLICO ANIMANDO
A CARREIRA DE ADULTOS
O NOSO MAIO ADORNADO COAS MEDALLAS
A HOMENAXE A VALENTÍN PAZ ANDRADE
E A DELICIOSA MERENDA
QUE BEN O PASAMOS NESTE DÍA!!
- APIs de Blogue
O CAN DO URCO
O CAN DO URCO É UN ANIMAL DA MITOLOXÍA GALEGA.
COMO EN MOITAS ALDEAS E POBOS MARIÑEIROS TAMÉN ANDABA POLO PAZO.
ERA UN CAN GRANDE, FEO E NEGRO, CUNHAS ENORMES ORELLAS E ADEMÁIS, TIÑA CORNOS.
CANDO SAÍA DO MAR AS SÚAS CADEAS FACÍAN MOITO RUÍDO E OS QUE O OÍAN OU VÍAN, AFASTABAN DEL XA QUE
INDICABA QUE ALGUÉN ÍA MORRER. CANDO MARCHABA DE VOLTA PARA A PLAIA DO PAZO ARRASTRABA CON EL
A TODOS OS CANS QUE ATOPABA ATA AS PROF UNDIDADES DA RÍA.
Lenda recollida por Abel e a súa familia (Escola de Pazo)
A PEDRA DO CORVO
DENDE A PRAIA DO PAZO OBSÉRVASE UNHA PEDRA MOI COÑECIDA POLOS NENOS E NENAS DO LUGAR.
É A PEDRA DO CORVO, POIS ESTAS E OUTRAS AVES MARIÑAS ACOSTUMAN A POUSARSE NELA.
ESTÁ MOI PRETO DO CASTELO DA LÚA E, CONTA A LENDA QUE UNHA NOITE DE LÚA CHEA,
A LANCHA NA QUE ESCAPABAN DESTE CASTELO UNS NAMORADOS
FOI AFUNDIRSE AO CHOCAR CON ELA.
Fotografía sacada por Vanesa, nai de Irene e Dani da Escola de Pazo
- APIs de Blogue
A PEDRA OSTREIRA
IRENE E DANI VIVEN MOI PRETO DA PRAIA DO PAZO.
DENDE ALÍ, A RÚA SUARRIBEIRA, PÓDESE VER A PEDRA OSTREIRA.
A SÚA NAI, VANESA, SACOULLE ESTA FOTOGRAFÍA.
A PEDRA OSTREIRA SÓ SE OBSERVA BEN CANDO A MAREA ESTÁ BAIXA.
E, POR QUÉ CREDES QUE NA PRAIA DO PAZO HAI TANTAS CUNCHAS DE OSTRAS?
- APIs de Blogue
PRANTO MATRICIAL
VERSOS DE VALENTÍN PAZ ANDRADE, MÚSICA DE "2 NA FRONTEIRA" E ILUSTRACIÓNS NOSAS, DE URBANO LUGRÍS E DE DANIEL CASTELAO PARA UN PRANTO POR UN AMIGO
DOUS AMIGOS
VALENTÍN PAZ ANDRADE E DANIEL CASTELAO FORON DOUS BOS AMIGOS.
TANTO QUE, O AUTOR QUE LEMBRAMOS ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS, CONSIDERABA A DANIEL O SEU "IRMÁN MAIOR" E PARA EL ESCRIBIU O SEU " PRANTO MATRICIAL"
- APIs de Blogue
Animals!!!
IN OUTEIRO AND CRUCEIRO, WE PAINTED ANIMALS ON THE WHITE BOARD:
THE SNAKE IS YELLOW
THE CROCODILE IS GREEN
THE ELEPHANT IS BROWN
THE BIRD IS PURPLE
THE FISH IS RED, YELLOW, BLUE AND GREEN.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »