A PEDRA DO CORVO

DENDE A PRAIA DO PAZO OBSÉRVASE UNHA PEDRA MOI COÑECIDA POLOS NENOS E NENAS DO LUGAR.

É A PEDRA DO CORVO, POIS ESTAS E OUTRAS AVES MARIÑAS ACOSTUMAN A POUSARSE NELA.

ESTÁ MOI PRETO DO CASTELO DA LÚA E, CONTA A LENDA QUE UNHA NOITE DE LÚA CHEA,

A LANCHA NA QUE  ESCAPABAN DESTE CASTELO UNS NAMORADOS

FOI AFUNDIRSE AO CHOCAR CON ELA.

 

Fotografía sacada por Vanesa, nai de Irene e Dani da Escola de Pazo