2011-2012
MARUSÍA
ONTE PUIDEMOS GOZAR NO TEATRO DE RIANXO DA OBRA DE MARUXÍA, LEVADA A CABO POLO
GRUPO TEATRAL "BABALUVA".
CON MARUXÍA DESCUBRIMOS A UNHA NENA DUNHA VILA MARIÑEIRA Á CAL CONCEDÍANSELLE
UN DESEXO UNICAMENTE SE DESCUBRÍA E VENCÍA ÁS 3 "M"
A MENTIRA
O MEDO
A MALDADE
PODERÍA CON ELAS...?
- APIs de Blogue
Lembrando a sesión de música e biblioteca...
O outro día puxémonos a lembrar o ben que o pasamos na sesión de música e biblioteca impartida polos
mestres Rubén, Yolanda e Manolo.
Os dous piratas fixéronnos soñar co Capitán Calobrote e os "trucos de maxia" que se agochan nos libros.
Rubén mergullounos nun mar de tartarugas e ollomois que danzaban ao ritmo do seu saxo.
MOITAS GRAZAS COMPAÑEIR@S!!
- APIs de Blogue
BIBALVOS
OS MEXILLÓNS, AS AMEIXAS, OS BERBERECHOS, AS OSTRAS... SON MOLUSCOS BIBALVOS.
CHÁMANSE ASÍ PORQUE TEÑEN DÚAS VALVAS (OU CUNCHAS) QUE LLE SERVEN DE PROTECCIÓN
NA ESCOLA ESTUDAMOS ÓS MEXILLÓNS E DESCUBRIMOS QUE ADEMÁIS DAS VALVAS, TEÑEN BOCA, LABIOS, MANTO ( NON É O MANTO DUN REI, É UNHA PARTE DO SEU CORPO), UNHA ESPECIE DE BARRIGUIÑA ONDE FAN A DIXESTIÓN DO QUE COMEN E ... UN PÉ
PARA PEGARSE ÁS ROCHAS, OS MEXILLÓNS USAN UNHAS FIBRAS TAN DELGADAS COMA PELOS. CHÁMANSE BISOS, AÍNDA QUE HABITUALMENTE AS CHAMAMAOS BARBAS.
ANTIGAMENTE AS BARBAS ERAN MOI APRECIADAS. CHAMÁBANAS SEDA DO MAR, E NO ANTIGO EXIPTO USÁBANAS PARA FACER TEAS.
PARA FORMAR ESTAS FIBRAS TAN RESISTENTES E PEGAÑENTAS, O MEXILLÓN LIBERA POLO SEU PÉ DÚAS SUBSTANCIAS (UNHA EN FORMA DE BURBULLA) QUE Ó MESTURARSE EN CONTACTO COA AUGA DE MAR PÉGASE Á ROCHA E SOLIDIFÍCASE. OS MEXILLÓNS QUEDAN AGARRADOS ÁS ROCHAS CUNHA FORZA ENORME. NON HAI ONDADA OU CORRENTE QUE CONSIGA ARRINCALOS.
A INVESTICAGIÓN CIENTÍFICA NON PASOU POR ALTO ESTE FENÓMENO E QUIXO ESTUDAR ESTE MOLUSCO PARA INTENTAR PRODUCIR UN PEGAMENTO TAN RESISTENTE COMA O SEU E... CONSEGUIUNO!!!
MARISQUEO A FLOTE
A MIÑA FAMILIA TRABALLA NO MAR...
SAEN RASTREAR, XUNTO CON OUTROS MARIÑEIROS, NO SEU BARCO.
A AVOA CHELO TIRA DO CABO E ESCOLLE O MARISCO NO RASTRO
E ENCHEN OS CESTOS CON AMEIXA XAPÓNICA, AMEIXA BABOSA E BERBERECHOS.
E EU DESPOIS OS COMO NA MIÑA CASA PARA SER FORTE E LISTO...
ABEL LOSADA BRAVO
A PRAIA DO SALGUEIRIÑO
SEGURO QUE MOITOS DE VÓS FUCHEDES Á PRAIA DA TORRE, EN TARAGOÑA, PERO...
... FÚCHEDES ALGUNHA VEZ Á PRAIA DO SALGUEIRIÑO ?
SEGURO QUE SI, PORQUE É A MESMA PRAIA !!!
PRAIA DO SALGUEIRIÑO É O NOME QUE ANTIGAMENTE TIÑA A QUE HOXE COÑECEMOS COMO PRAIA DA TORRE, POIS ANTES "TORRE" ERA SÓ O QUE COÑECEMOS COMO CASTELO DA LÚA. NALGÚNS PAPEIS DE CANDO SE FIXO O PASEO MARÍTIMO AÍNDA SAE CO NOME DO SALGUEIRIÑO.
ABEL
- APIs de Blogue
A PUNTA DO CAPITÁN
MIRANDO DENDE O MAR DE TARAGOÑA, OU DENDE O LUGAR DE VISTA REAL, A NOSA MAN DEREITA, SE BORDEAMOS COA VISTA O MAR CARA AROUSA, VEMOS A PUNTA DO CAPITÁN.
NA ESCOLA ESTIVEMOS A PREGUNTARNOS POR QUE ESTE LUGAR SE CHAMARÁ ASÍ E E OCURRÉRONSENOS HISTORIAS DE MARIÑEIROS, PIRATAS E VIKINGOS, E DE DEUSES QUE LLE PUÑAN NOME ÓS LUGARES NA ÉPOCA NA QUE VIVÍAN OS DINOSAURIOS...
ABEL
- APIs de Blogue
MARUSÍA
O MÉRCORES 23 DE MAIO, AS ESCOLAS DO CRA ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TÍTERES MARUSÍA, DA COMPAÑÍA BABALUVA, E AXUDAMOS A SÚA PROTAGONISTA A VENCER O MEDO, A MENTIRA E A MALDADE.
*
A representación vista pola
- APIs de Blogue
A CULTURA É SA
COIDAR DA NOSA CULTURA É TAN IMPORTANTE COMO COIDAR DA NOSA SAÚDE.
CON ESTA IDEA SUBIMOS O 16 DE MAIO A CAMPO MANEIRO PARA CELEBRAR AS NOSAS LETRAS EN FAMILIA,
FACENDO DEPORTE E ALIMENTÁNDONOS DE TORTILLA, BISCOITO E POESÍA.
- APIs de Blogue
CARREIRA DAS LETRAS
Un ano máis, festexamos as letras galegas en Campo Maneiro:
a emoción a puxeron as carreiras,
o sentimento a homenaxe a Paz Andrade
e a enerxía a merenda coa que repuxemos forzas.
As familias acompañáronnos ao longo de toda a xornada e SI!!!:
ESTE ANO TIVEMOS UNHA GRAN REPRESENTACIÓN NA CARREIRA DOS ADULTOS!!!
Pais, nais, tías, tíos,..
SON TODOS UNS CAMPIÓNS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »