2011-2012

ARTE NA PRAIA DO PAZO

CON CUNCHAS, ALGAS, PAUS, CANGREXOS, ...FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN NA PRAIA DO PAZO,

UNHA OBRA DE ARTE FEITA POLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE PAZO


UN DANIEL MOI DOCE

 

A AVOA DE ZOE E DE NOA FIXO UNHA TARTA DE CENORIA PARA A FESTA NA PRAIA.

NON SABEMOS COMO O CONSEGUIU PERO LOGROU QUE O NOSO AMIGO DANIEL DEIXARA A BIBLIOTECA

PARA ACOMPAÑARNOS NESTE DÍA.

A AVOA TERESA É UNHA VERDADEIRA PASTELEIRA!

 

UNHA MAÑÁN DE FESTA NAS PRAIAS DO PAZO E DA TORRE

POR FIN CHEGOU O DÍA QUE ESPERÁBAMOS ANSIOSOS.

SACAMOS A ÚLTIMA FOTO DE CURSO TODOS XUNTOS NA ESCOLA

E PUXEMOS RUMBO ÁS NOSAS PRAIAS. PRIMEIRO PARAMOS NA PRAIA DO PAZO.

ALÍ ESTABAN TRABALLANDO AS MARISCADORAS, QUE XA NOS SON COÑECIDAS.

 

CORREMOS, XOGAMOS, ATOPAMOS PEQUENOS TESOUROS E DECIDÍMONOS A FACER "ARTE NA AREA"

 

 

LOGO PUXEMOS RUMBO Á PRAIA DA TORRE ONDE NOS AGARDABAN OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA DE CRUCEIRO

E ALÍ, TODOS XUNTOS,  COMEZAMOS A FESTA DE FIN DE CURSO.


XA DE VOLTA Á ESCOLA ATOPAMOS DE NOVO ÁS MARISCADORAS QUE IGUAL QUE NÓS XA REMATABAN A SÚA XORNADA.

FOI UNHA MAÑÁN MOI DIVERTIDA E PASÁMOLO MOI BEN!

O BOLSO DE ZOE

ESTA ÚLTIMA SEMANA ZOE VEU MOI GUAPA Á ESCOLA CO SEU BOLSO NOVO.

É UN BOLSO AO QUE LLE TEN UN CARIÑO ESPECIAL  XA QUE O FIXO ELA COA AXUDA DA SÚA AVOA.

E AQUÍ O TENDES PARA QUE OPINEDES. A QUE É BEN BONITO!!!

 

 

O NOSO TATARAVÓ

 

MAIRA E VALERIA TROUXERON Á ESCOLA UN LIBRO QUE ATOPARON NA SÚA CASA,

O SEU PAI CONTOULLES QUE ESE HOME QUE APARECE NA PORTADA ERA O SEU TATARAVÓ.

CHAMÁBASE ARCOS MOLDES E ERA BEN COÑECIDO EN RIANXO XA QUE ADEMÁIS DUN LIBRO

TEN UNHA RÚA CO SEU NOME:

 

 

COPIAMOS A URBANO LUGRIS (fillo)

 

O NOSO MAR

INSPIRANDONOS NUN CADRO DE  URBANO LUGRIS  (FILLO)

FIXEMOS ESTES DEBUXOS CON ACUARELAS,

POIS LEMBRABANOS AS REGATAS QUE

AS VECES HAI EN RIANXO.



FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O CRA DE RIANXO REALIZOU O XOVES 21 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2012-2013.

O ENCONTRO REALIZOUSE NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 19 HORAS

BALEA AZUL

A BALEA AZUL É O ANIMAL DE MAIOR TAMAÑO QUE TEÑA EXISTIDO NA TERRA.

CHEGA A MEDIR 30 METROS DE LONGO, O SEU CORAZÓN TEN O TAMAÑO DUN COCHE PEQUENO, A LÍNGUA O PESO DUN ELEFANTE E ALGUNHAS DAS SÚAS VEAS SON TAN ANCHAS QUE UN HOME PODERÍA NADAR POR DENTRO DELAS

Na escola estivemos a medir o espazo que ocuparía unha balea azul. Medimos 30 metros dende o extremo do patio e chegamos, despois de avanzar por case todo o corredor, ata o lavabo da parte dianteira da escola !!

CANTO DE BALEAS

DO MAR PROFUNDO XORDE O CANTO DAS BALEAS...

ACUARIO

O NOSO MAR ESTÁ CHEO DE ANIMAIS MARIÑOS...

PARA QUE OS POIDERA VER CON FACILIDADE, MEUS PAIS LEVÁRONME O ACUARIO DA CORUÑA, ONNE DISFRUTEI COÑECENDO INCLUSO ANIMAIS QUE VIVEN EN MARES LONXANOS.

AUGAMARES, PEIXES DE DISTINTAS FORMAS, TAMAÑOS E CORES, POLBOS, FOCAS E TIBURÓNS...

MOITO ME GUSTOU IR Ó ACUARIO E PODER ADEMAIS VER A GASTÓN !!


Helena

Distribuir contido