UNHA MAÑÁN DE FESTA NAS PRAIAS DO PAZO E DA TORRE

POR FIN CHEGOU O DÍA QUE ESPERÁBAMOS ANSIOSOS.

SACAMOS A ÚLTIMA FOTO DE CURSO TODOS XUNTOS NA ESCOLA

E PUXEMOS RUMBO ÁS NOSAS PRAIAS. PRIMEIRO PARAMOS NA PRAIA DO PAZO.

ALÍ ESTABAN TRABALLANDO AS MARISCADORAS, QUE XA NOS SON COÑECIDAS.

 

CORREMOS, XOGAMOS, ATOPAMOS PEQUENOS TESOUROS E DECIDÍMONOS A FACER "ARTE NA AREA"

 

 

LOGO PUXEMOS RUMBO Á PRAIA DA TORRE ONDE NOS AGARDABAN OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA DE CRUCEIRO

E ALÍ, TODOS XUNTOS,  COMEZAMOS A FESTA DE FIN DE CURSO.


XA DE VOLTA Á ESCOLA ATOPAMOS DE NOVO ÁS MARISCADORAS QUE IGUAL QUE NÓS XA REMATABAN A SÚA XORNADA.

FOI UNHA MAÑÁN MOI DIVERTIDA E PASÁMOLO MOI BEN!