Memoria visual de Relixión Católica. Curso 2011-2012
Ao longo deste curso na área de Relixión traballamos moito e aprendimos moitas cousas, por iso vos queremos mostrar con imaxes un resumen do que fixemos.
Traballando cos nosos libros de fichas, aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, e tamén sobre os valores cristiáns e as tradicións da nosa Igrexa:
Tamén aprendimos moitas cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia que a profe Celia nos trae polas escolas:
Cando rematábamos o traballo a profe nos deixaba debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño polo que non fixemos demasiados debuxos:
Pero bueno sí que fixemos algún, nalgunhas escolas como estábamos traballando o tema do mar, a profe Celia nos propuxo que podíamos debuxar animais mariños inventados pola nosa imaxinación, e o pasamos moi ben! Aquí tendes unha mostra dos nosos debuxos:
Tamén traballamos co ordenador e coa pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no Portal Educativo do CRA, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:
E despois se vos lembrades, porque aparece todo recollido no portal, fixemos moitas "cousiñas" para levar para a casa e poder agasallar aos nosos seres queridos: polo Nadal fixemos un intercambio de postais entre todas as escolas do CRA, para conmemorar o Día da Paz aprendimos de onde ven o símbolo da pomba e fixemos uns colgantes de pombas da paz. En Semana Santa felicitamos ás nosas familias cunhas tarxetas e aprendimos de onde ven a tradición de agasallar con ovos de chocolate pola Pascua, e cal é o postre típico de Galicia nesta data. E por último, os nenos/as de Primaria fixeron uns bonitos cadros do mar pero de "un mar moi especial", con este mar traballamos os valores cristiánas da educación para a paz , a igualdade e o respeto entre as persoas. A continuación vos mostramos unha pequena selección dos nosos traballos:
Bueno, pois todo isto fixemos en Relixión, agora, ao igual que o ano pasado, só nos queda desexarvos a todos unhas moi boas vacacións. Descansade moito, desfrutade moito e recargade enerxía.
Moitos, moitos pero que moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!
- APIs de Blogue