FIN DE CURSO

O Venres organizamos unha festa na escola para despedir o curso.

Nada máis chegar puxémonos mans á obra:

colocar os globos e as bandeirolas feitas por nós foi a primeira tarefa.

Despois, traballamos moito para que cando chegaran os convidados

a merenda estivera lista.

O menú?

Canapés variados feitos con moito entusiasmo e imaxinación.

(non sabemos se todos os sabores combinados encaixaban, pero do que estamos seguros é de que os bos cociñeiros cúrtense a base de experimentación)

"Sandwich-tren" de España para animar á nosa selección de fútbol na Eurocopa.

E de postre, piruletas de froita.

A elaboración non sempre é doada, precisa:

maña,

habilidades varias,

traballo en equipo,

...

 e sobre todo compensar o que imos comendo,

pois quedou claro que a máis de un o que cociña non lle cunde!!!

Á espera da inauguración oficial, decidimos inaugurar a nivel particular a "casiña" nova que temos en Capela. Despois de varios intentos errados, tivo que chegar o papá de Xiana para abrir as portas. Menos mal, pois tiñamos moitas gañas de explorar o novo espazo.Encantounos!!!

Aínda así, a merenda tivo lugar no exterior, pois o tempo deciciu acompañarnos.

As familias felicitáronnos polo rico que estaba todo e... como recompensa:

os tesouros que agochaba a piñata.

Agasallos para tod@s os que se portaron ben e traballaron moito durante o curso.

Cos ollos pechados, Berna foi capaz de atopala e rompela.

E...

SORPRESA! A piñata contiña agasallos para tod@s!

POIS SI! OS 24 FOMOS BOS E TRABALLAMOS MOITO!

A FESTA DE FIN DE CURSO FOI

A FESTA DE FIN DE CURSO FOI ESTUPENDA  E OS CANAPES FANTASTICOS . BRAVO POR TODOLOS NENOS E NENAS  E TAMÉN POLAS PROFES . AQUÍ XA ESTAN PREGUNTANDO CANDO BEN SETEMBRO . CHARO MAMA DE LAURA E ALÉX

Si, foi unha boa festa para

Si, foi unha boa festa para pechar o curso. E coma sempre que os traballos volo permiten, as familias estabades aí para desfrutar cos nen@s. Alegrámonos moito de que o pasárades ben!

E xa cambiando de tema, dicir que eu aínda non me fun de vacacións e xa estou vendo a volta. Polo que supoño que Setembro vese máis preto ou máis lonxe dependendo dos ollos cos que se mire. Pero para consuelo dos que o ven moi lonxe, direille que: uns chapuzóns na praia, algún viaxe, uns cantos xogos cos amigos, algúns xeados, unhas cantas travesuras,… e xa estamos de volta!!!

Un saúdo e un bico moi grande para Álex e Laura.

Ana.