Alumnas da Facultade de Ciencias da Educación visitan o noso centro

Noemi Baleato Domínguez, Alba Rivas Carral, Natalia Carracedo Barros e Sheila Cespón Abuin, alumnas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, no grao en Mestras/es de Educación Primaria, visitan o noso centro.

Estas alumnas da Facultade de Educación, estan a realizar un traballo de investigación sobre os Colexios Rurais Agrupados, dentro materia de Eduación en Contextos Rurais.

Para o noso centro é un privilexio telas recibido e poder colaborar na investigación que están a realizar, non podemos deixar de anotar que unha das alumnas estivo escolarizada  do noso centro, na Escola Cruceiro en Taragoña, Sheila Cespón Abuin.

Os nosos mellores desexos para o seu traballo de investigación e para a súa formación como mestras de Educación Primaria