2017-2018

Pesentación guía de lectura do concello

Hoxe pola tarde como se nos indica no cartaz terá lugar a presentación da guía de lectura do concello, en representación do CRA de Rianxo asistirá a aula de Pazo Primaria. Os nosos nenos recitarán poemas da obra "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.

Animádevos a participar!

Imaxes da actividade

Un contacontos especial

O martes 5 de decembro tivemos un contacontos moi especial. Iria, que foi alumna no C.R.A. realizou a sesión de contacontos coa axuda de María a nosa profesora da Escola  Outeiro.

Aos nenos e ás nenas encantoulles o conto e a sesión de Biblioteca.

Moitas gracias Iria e María.

 

Encantounos o conto e a sesión de Iria e de María
   
   

Tardes con Daniel

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA ANPA IRMÁNS ÍNSUA DO CRA DE RIANXO

As familias na Escola. Charla sobre adestramento de cans

Este pasado venres puidemos desfrutar na escola de Rañó dunha sesión práctica sobre o adestramento de cans.

A charla foi impartida por Loli, a nai do noso alumno Miguel, e ademais de ensinarnos técnicas de adestramento transmitiunos o valor do amor aos animais.

Os nenos e nenas puideron poñer en práctica, en primeira persoa, algunha destas técnicas.

Esta actividade enmárcase dentro da programación charlas na que as familias dos alumnos e alumnas son os protagonistas.

 

 

 

 

 

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

"A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada."

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

   
   
   
   
   

"EU SON LIBRE

NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS...

E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO"

ROSALÍA DE CASTRO

aula de 4 e 5 anos

PATRIMONIO HISTÓRICO


UNHA VISITA DUN ARQUEÓLOGO Á ESCOLA PERMITE FACER UNHA VIAXE GUIADA POLO PATRIMONIO
HISTÓRICO DE RIANXO

PERO, XA QUE MARIO É O DIRECTOR DOS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DO CASTELO DA LÚA, OU CASTELO DE RIANXO, BEN PAGA A PENA APRENDER DEL TODO O QUE POIDAMOS SOBRE ESTA FORTALEZA DA IDADE MEDIA.

CANTEIROS, TRABUQUETES, CERÁMICA, ALMIRANTE, TROVADOR, REVOLTA IRMANDIÑA, ...
MOITO NOS PODE APRENDER O NOSO CONVIDADO !

E SE ALGUNHA DÚBIDA TEMOS, PODEMOS CONFIAR EN QUE MARIO NOS POIDA ENVIAR A RESPOSTA...

OU IR NÓS INTENTAR AVERIGUALA!

(ver a nova en Departamento de Orientación)

PAZO EN NEGRO


DENDE A NOSA ESCOLA SUMÁMONOS AOS ACTOS QUE

AO LONGO DESTES DÍAS SE ESTÁN A REALIZAR POLO

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

ASÍ DENTRO DA CAMPAÑA "RIANXO EN NEGRO"

DECORAMOS CAMISETAS ADAPTANDO O LEMA: PAZO EN NEGRO

 

Biblioteca 1º T

15/12/2017 09:00

Xornada de Biblioteca 1º Trimestre

Ponte da Constitución

08/12/2017 09:00

Día da Inmaculada

Ponte da Constitución.

06/12/2017 09:00

Festivo Día da Constitución

Distribuir contido