2017-2018
PATRIMONIO ARREDOR DA NOSA ESCOLA
APROVEITANDO A SOLEADA MANÁ SAÍMOS A PASEAR POLA ALDEA DO PAZO. TIÑAMOS QUE OBSERVAR E
FOTOGRAFAR O PATRIMONIO QUE IAMOS ATOPANDO: HÓRREOS, CRUCEIROS, PRAIAS, O CASTELO DA LÚA,
O LAVADOIRO, AS DESEMBOCADURAS DOS RÍOS TE E PEDRE...
- APIs de Blogue
ROSALÍA: ABRIDE A FIESTRA!
ESCOITADE A VOZ DE ROSALÍA:
"ABRIDE A FIESTRA, QUE QUERO VER O MAR"
ABRIDE A FIESTRA ! QUE SAIA A SÚA POESÍA E QUE ENTRE A POESÍA DO MUNDO !
ABRIDE A FIESTRA !
"Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos."
María Reimóndez
- APIs de Blogue
FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA DE CRUCEIRO
O pasado venres 9 de febreiro celebramos na escola de Cruceiro a festa do entroido á que asistiron as alumnas e alumnos de todas as escolas que forman o noso C.R.A. e moitos familiares.
Foi unha xornada moi agradable e divertida na que cantamos cancións de entroido, bailamos, comemos doces típicos desta festa e fixemos un gran desfile pola aldea disfrazados de choqueiros.
- APIs de Blogue
ENTROIDO CHOQUEIRO
DENDE QUE NACEU ATA QUE MORREU, O NOSO FOI UN ENTROIDO CHOQUEIRO
E O DÍA DA FESTA GRANDE, A CHOQUEIRADA TODA DO CRA DE RIANXO SUBIU E BAIXOU CAMIÑOS DE TARAGOÑA RECLAMANDO AS FILLOAS, ORELLAS E ROSQUILLAS QUE POR MÉRITO E TRADICIÓN LLE CORRESPONDÍAN.
- APIs de Blogue
ENTROIDO: O OSO DE SALCEDO
TAMÉN O OSO DE SALCEDO GOSTA DE VIR Á ESCOLA.
POR UN DÍA DEIXA AS CORREDOIRAS DA ALDEA DE SALCEDO QUE PERCORRE, QUIZAIS DENDE A PREHISTORIA, PARA VIR ENFURRUXAR AS NOSAS CARAS E ANUNCIÁRMONOS QUE XA PRONTO VIRÁ A PRIMAVERA.
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
ENTROIDO: OS PELIQUEIROS
PANTALLAS, VOLANTES, XENERAIS, MADAMAS, ... GOSTAMOS DE TODAS AS PERSONAXES DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO, PERO
OS PELIQUEIROS DE LAZA
TEÑEN ASEGURADA CANDO MENOS UNHA VISITA ANUAL A NOSA ESCOLA.
CON ELES SI QUE É DOADO COMEZAR A CORRER O ENTROIDO !
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
PATRIMONIO NATURAL: CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS,...
KATIA FOI VISITAR AOS SEUS AVÓS A RIBEIRA E APROVEITOU O DÍA
PARA VISITAR DISTINTOS LUGARES
QUE FORMAN PARTE DO NOSO PATRIMONIO NATURAL E QUE AGORA
NOS QUERE AMOSAR:
TAMÉN NOS ENSINA UNHA DAS PRIMEIRAS FOTOS QUE SACOU NA PRAIA
DO PAZO, DIANTE DA SÚA CASA
DOLMEN DE AXEITOS
|
FARO DE CORRUBEDO |
MIRADOR DA PEDRA DA RÁ
|
PRAIA DO PAZO |
- APIs de Blogue
O CRUCEIRO DO LAXIDO E A FONTE DO BARRAL
HUGO E A SÚA NAI PASEARON POLA SÚA ALDEA, O BARRAL E QUIXERON AMOSARNOS
O PATRIMONIO QUE TEÑEN PRETO DA SÚA CASA:
O CRUCEIRO DO LAXIDO
O CRUCEIRO DO LAXIDO SITÚASE NUNHA ENCRUCILLADA DE CAMIÑOS ENTRE VILAS, OUTEIRO E LUSTRES. PARECE MOI ANTIGO E POSIBLEMENTE SEXA DO SÉCULO XVII. ASÉNTASE NUNHA PLATAFORMA HEXAGONAL, DE AÍ A SÚA SINGULARIDADE, POIS OS QUE ACOSTUMAMOS A VER TEÑEN A BASE CADRADA. TEN A IMAXE DE SAN ANDRÉ NO SEU FUSTE.
|
|
A FONTE DO BARRAL A FONTE DO BARRAL ESTÁ MOI PRETO DA CASA DE HUGO. A SÚA AGUA É POTABLE E SON MOITOS OS VECIÑOS E VECIÑAS QUE ACODEN A ELA PARA COLLER AUGA. |
- APIs de Blogue
O ENTROIDO
"A ESCOLA DE PAZO VAMOS A CRUCEIRO
A CELEBRAR O ENTROIDO
DISFRAZADOS/AS DE CHOQUEIROS"
ESTE ANO AS NENAS E NENOS DE CRUCEIRO INVITÁTONNOS A CELEBRAR O ENTROIDO
NA SÚA ESCOLA.
A CHUVIA CASE NOS ESTRAGA O DÍA PERO AS FAMILIAS XA O TIÑAN
TODO PENSADO E PREPARADO.
CANTAMOS, FIXEMOS O PASARRÚAS POLA ALDEA E VOLVEMOS PARA MERENDAR
E DEGUSTAR DOCES TÍPICOS DESTE TEMPO.
LOGO XOGAMOS E BAILAMOS DISFRAZADOS DE CHOQUEIROS.
- APIs de Blogue
O TORIBIO MANDA!
UN ANO MÁIS CHEGA O TEMPO DE ENTROIDO E APARECE NA NOSA ESCOLA ALGUÉN
QUE NOS VISITA POR ESTAS DATAS, O TORIBIO.
E COMO SEMPRE, TRÁENOS UNHAS ENCOMENDAS PARA QUE ESTA SEMANA SEXA BEN FESTEIRA:
ALGO NA CABEZA, ALGO NO PESCOZO, ALGO PINTADO NA CARA,
DISFRAZADO DO QUE UN QUEIRA E O VENRES, DE CHOQUEIRO
AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE CRUCEIRO FIXÉRONNOS
UNHAS INVITACIÓNS MOI CHULAS PARA QUE VAIAMOS FESTEXAR
O ENTROIDO Á SÚA ESCOLA. E NÓS, COMO NON, IREMOS ENCANTADOS!
MOITAS GRAZAS AMIGAS E AMIGOS!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »