2017-2018
Como é o comportamento dos nenos e das nenas nas familias?
Nas familias e na escola, preocupanos o comportamento dos nenos e das nenas. Preocúpanos que respecten as normas, que adquiran hábitos adecuados, que superen timideces e temores. Preocúpanos que se comuniquen cos compañeiros e compañeiras.
No arquivo anexo, tedes un recurso en forma de cuestionario para observar e reflexionar sobre a conducta infantil.
- APIs de Blogue
LIDIA PARADA VISÍTANOS NA SESIÓN DE POLIDEPORTIVO!
HOXE O PROFE MARIO TIÑANOS PREPARADO UNHA SESIÓN DEPORTIVA NO PAVILLÓN DE RIANXO.
CADA UNHA DAS ESTACIÓNS ESTABA ADICADA A UN CONTO POPULAR.
E TIÑANOS UNHA SORPRESA PREPARADA: LIDIA PARADA E O SEU ADESTRADOR LARDO
VISITÁRONNOS E ESTIVERON CONNOSCO BOA PARTE DA XORNADA.
LIDIA ENSINOUNOS A TIRAR A XAVELINA, XA QUE ELA É A CAMPIONA DE ESPAÑA NESTA DISCIPLINA.
LOGO TAMÉN FIXEMOS DIFERENTES CARREIRAS (obstáculos, relevos,..)
FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA!
- APIs de Blogue
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON DANIEL
O VINDEIRO 9 DE MARZO O VOSO AMIGO DANIEL ESPÉRAVOS NA SEDE DE ASADOS PARA CELEBRAR A SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE SEGUNDO TRIMESTRE, A CAL ESTARÁ RELACIONADA CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. MIRADE QUE PROPOSTAS NÓS TEN! ADEMÁIS CONTAREMOS CON OUTRAS SOPRESAS.
- APIs de Blogue
ALIMENTOS ELABORADOS
HAI ALIMENTOS QUE OBTEMOS A PARTIR DE OUTROS COMO A MANTEIGA.
BATINDO A TONA DO LEITE AS GRAXAS QUE CONTÉN XÚNTANSE
E OBTEMOS A MANTEIGA E, QUEDANOS UN LÍQUIDO
CHAMADO SORO.
ESTO FOI O QUE FIXEMOS PARA MERENDAR
CO PAN FRESQUIÑO QUE NOS TROUXO A MAMÁ DE AARÓN.
- APIs de Blogue
A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
A ALIMENTACIÓN É MOI IMPORTANTE PARA A NOSA SAÚDE.
SABER QUE ALIMENTOS PODEMOS CONSUMIR A DIARIO
E CALES OCASIONALMENTE
VAI CONTRIBUIR A QUE MEDREMOS SANS E FORTES.
- APIs de Blogue
DÍA DE ROSALÍA
NA NOSA ESCOLA CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA ABRINDO AS NOSAS FIESTRAS E DECORÁNDOAS
COS VERSOS DUN DOS POEMAS DE CANTARES GALLEGOS "EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO"
- APIs de Blogue
BUSCANDO O PATRIMONIO MÁIS CERCANO (INÉS E A SÚA NAI)
INÉS E A SÚA NAI APROVEITARON ESTA TARDE PARA DAR UN PASEO POLAS ALDEAS DOS SEUS AVÓS
(ARAÑO, TARAGOÑA E RIANXO) E FOTOGRAFARON OS SEGUINTES ELEMENTOS PATRIMONIAIS QUE NOS
QUEREN AMOSAR:
CO HÓRREO DO ARAÑO AO FONDO: |
COA IGREXA DO ARAÑO AO FONDO: |
NO CASTELO DA LÚA: |
COA IGREXA DE RIANXO AO FONDO: |
NA IGREXA DE TARAGOÑA
|
NO CRUCEIRO DE CAMPO DE PAZOS
|
NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO, BIBLIOTECA CASTELAO |
- APIs de Blogue
ALIMENTOS DERIVADOS
CON ESTAS ESTUPENDAS LARANXAS E MAZÁNS DAS NOSAS ÁRBORES
COMPROBAMOS QUE A FROITA CONTEN AUGA,
FACENDO UN SABOROSO ZUME.
ADEMÁIS, INVESTIGAMOS QUE ESA AUGA CONTÉN VITAMINAS,
TAN IMPORTANTES PARA O NOSO CORPO E
A NOSA SAÚDE.
- APIs de Blogue
DISECCIONAMOS UN PEIXE
COMO ESTAMOS A ESTUDAR OS PEIXES
QUE MELLOR QUE FACER A DISECCIÓN E VER AS SÚAS PARTES,
CONTAR AS ALETAS, VER AS BRANQUIAS
MIRAR A MÉDULA ESPINAL...
- APIs de Blogue
OBRADOIRO DE IGUALDADE: TE QUIERO (CASI SIEMPRE)
HOXE SANDRA VEU Á NOSA ESCOLA A FACERNOS UN TALLER SOBRE A IGUALDADE.
CONTOUNOS O CONTO "TE QUIERO (CASI SIEMPRE)" E DESPOIS FIXEMOS UNS MONICREQUES
DIFERENTES PERO TODOS MOI BONITOS.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »