2017-2018

MARÍA E DAVID VOLVEN Á NOSA ESCOLA

 

MARÍA E DAVID VOLVERON Á NOSA ESCOLA A PRESENTARNOS O CLUBE DE CIENCIA DIVERTIDA QUE EN BREVE VAI COMEZAR NO NOSO C.R.A.

CUNHAS PEQUENAS DEMOSTRACIÓNS INVITÁRONNOS A PARTICIPAR E A SEGUIR DISFRUTANDO COAS SÚAS PROPOSTAS.

O HOMIÑO DE PAPEL

O HOMIÑO DE PAPEL E O LÁPIS MÁXICO DE MALALA SON DOUS CONTOS

NOS ACOMPAÑARON AO LONGO DESTA SEMANA QUE ADICAMOS Á PAZ.

 

 

 O HOMIÑO DE PAPEL PÚXOSE TAN APENADO CANDO SE DEU CONTA QUE FACÍA CHORAR AOS SEUS AMIGOS PORQUE SÓ COÑECÍA

HISTORIAS TRISTES. PERO NON SE DEU POR VENCIDO, NA LAVANDERÍA VALEIRÁRONO DESAS HISTORIAS E  EL POUQUIÑO A POUCO

FOISE ENCHENDO DE BONITAS HISTORIAS.

 

E MALALA CO SEU LAPIS IMAXINABA DEBUXAR COUSAS BONITAS PARA TODOS E QUE SE FACÍAN REALIDADE.

CO TEMPO DEUSE CONTA QUE CO SEU LÁPIS E AS SÚAS PALABRAS INICIOU UNHA CAMPAÑA A PROL DO ACCESO UNIVERSAL Á EDUCACIÓN.

TAMÉN NOS LEMBRAMOS DE PICASSO E DAS SÚAS POMBAS, DE GANDHI, WANGARI,...E MOITAS MULLERES E HOMES BOS

QUE FIXERON TANTO BEN Á HUMANIDADE.

FAUNA MARIÑA

Na sesión do día 7 de Febreiro falamos do mundo mariño. Coñecemos e descubrimos cousas fantásticas dos animais que viven no mar.

Coñecedes todas as cunchas que aparecen aí, de que animais son? Que ten Almudena na man?
E agora, que será? Que escoitará Alberte?
Que tentará escoitar Diego, achegando as mans á orella? Que é eso que miran Lois, Paula e Hugo?
Oh, será suave, rascará? Coñecedes estas cunchas?
Vaelria e Pepe, estan pintados, porque será? E esto que suxeta Pablo, que é?
Outra cuncha Escoitarán ou estaran a durmir?
Que estará a explicar Sergio? Máis disfraces, sabedes quenes son?

Chega o entroido

Xa anda o entroido polas escolas do C.R.A.. Aquí tedes algunhas imaxes, recollidas nas escolas de Outeiro e Cruceiro.

PEDRAS QUE FALAN

MARIO, O ARQUEÓLOGO, TAMÉN NOS APRENDEU QUE AS PEDRAS PODEN FALAR.
NÓS, CANDO PODEMOS, FACEMOS PRÁCTICAS PARA SABER ESCOITALAS

 ALGUNHAS CONTÁRONNOS FERMOSAS HISTORIAS DE ÉPOCAS ANTIGAS: TEMPOS CON CASTELOS, ESCUDOS, SEREAS ...

 NÓS AÍNDA NON SABEMOS FACER FALAR AS PEDRAS PERO XA SOMOS QUEN DE CONSEGUIR QUE FALEN OS PAPEIS 

aula de 4 e 5 anos

CLUBE DE CIENCIA CRA DE RIANXO

Este mércores 31 de xaneiro en horario de 5 a 6 da tarde comeza a súa andadura o noso Clube de Ciencia. Estarán con nós os nosos amigos de Arenaria para ensinarnos un montón de cousas sobre ciencia e natureza, charlando, experimentando e sorrindo.

FAUNA MARIÑA

MAXIA OU CIENCIA 

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS CA ANPA

A Anpa Irmáns Insua do noso cole invitanos a realizar unha serie de actividades medioambientais relacionadas ca conservación do noso medio natural. Nos vindeiros días chegarán ás nosas escolas unhas caixiñas marabillosas que agochan un segredo cheo de vida:

                                                                 

Unha semente que imos plantar e coidar para ver como agroma e como nace unha árbore. A Anpa ten planificado organizar unha plantación con todas estas arboriñas criadas na escola dende o coidado, o respeto e o amor pola natureza. Tamén nos invita a ler o conto A árbore da escola que,  ao igual que a caixiña, tamén chegará ás nas nosas escolas nos vindeiros días:

Nós coma sempre estaremos encantados e encantadas de sumarnos a esta iniciativa e traballaremos dende as nosas escolas para mellorar o noso entorno e por tanto as nosas vidas.

FESTIVAL DE NADAL 2017

 

BO NADAL E FELIZ  2018!

PERCORRIDO POLA VILA DE RIANXO

APROVEITANDO QUE ESTA MAÑÁ ÍAMOS A VER "ALÉN" UNHA OBRA DE TEATRO  NA QUE CHUQUIÑO MARCHA Á PROCURA DO

SEU TÍO RANDULFO A ÁFRICA FIXEMOS UN PERCORRIDO POLAS RÚAS DE RIANXO QUE ESTÁN BEN CARGADIÑAS DE PATRIMONIO:

A PRAZA DA XEITEIRA, A PRACIÑA E AS SÚAS CASAS, A BIBLIOTECA CASTELAO, A IGREXA, O CAMPO DE ARRIBA, A CAPELA DE GUADALUPE,

AS CASAS DE CASTELAO E RAFAEL DIESTE, CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO....

DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA

CANDO RAFAEL DIESTE ERA UN RAPAZOTE CHEGOU A RIANXO UNHA BALEA.
A HISTORIA, QUE XA RECOLLERA A PRENSA ESCRITA A COMEZOS DO SÉCULO XX, CÓNTANOLA NO SEU RELATO "DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA", INCLUÍDO NO LIBRO "DOS ARQUIVOS DO TRASNO".

Distribuir contido