2017-2018
O ESQUELETO DA BALEA
HAI MILLÓNS DE ANOS AS BALEAS VIVÍAN EN TERRA FIRME.
CLARO QUE O SEU CORPO NON ERA COMO O QUE TEÑEN NA ACTUALIDADE.
A SÚA ADPATACIÓN Á VIDA ACUÁTICA FOI TAN BOA QUE O SEU ASPECTO EXTERIOR E TAMAÑO FOI CAMBIANDO ATA SEMELLAR UN ENORME PEIXE.
PERO NO SEU ESQUELETO AÍNDA PODEMOS VER, NAS ALETAS PECTORAIS, OS OSOS DOS DEDOS DA SÚAS PATAS DIANTEIRAS.
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
AS BALEAS DE URBANO LUGRÍS
AS BALEAS E MONSTROS MARIÑOS DE URBANO LUGRÍS ANIMARON AS NOSAS SESIÓNS DE EXPRESIÓN PLÁSTICA
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
BALEA AZUL
AS BALEAS AZUIS REGRESARON AO NOSO MAR.
A NOVA TROUXONOLA A PRENSA E MÁIS O PAPÁ DE CARLOTA , MARIÑEIRO AMIGO DE MARIÑEIROS QUE SE ATOPARON UNHA DELAS Á BEIRA DO BARCO.
A NOVA FOI TAN EMOCIONANTE COMO GRANDE É O SEU CORPO, E, A FALTA DE MEDIDOR DE ENTUSIASMOS, DECIDIMOS MEDIR 24 METROS DE MAMÍFERO MARIÑO.
E REPRESENTALA GRAFICAMENTE A TAMAÑO REAL
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Hoxe a nosa biblioteca volve abrir as súas portas no seu horario habitual, ao redor das 17:00 h a profe Vero de Capela vainos contar Carabuñas.
Animádevos a participar
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Hoxe pola tarde despois destas saborosas vacacións de Nadal o noso amigo Daniel volve convidarnos a pasar unha tarde divertida en compaña dos libros. A nosa biblioteca abre ás súas portas no seu horario habitual , e en torno ás cinco da tarde a profe Marién nos conta La gran fábrica da las palabras. Animádevos a participar
- APIs de Blogue
CONCENTRACIÓN CONTRA O ASASINATO DE DIANA QUER. LUNS 1 DE XANEIRO AS 13:00 DIANTE DA CASA DO CONCELLO
Fotografía de Diana tomada do Diario de Navarra. |
Dende o C.R.A. de Rianxo chamamos a participar na concentración contra o asasinato de Diana Quer. O concello de Rianxo e entidades sociais e políticas, fan un chamamento a participar: Concello de Rianxo Mañán luns, 1 de xaneiro, á unha da tarde concentración silenciosa perante o Concello na Praza de Castelao en repulsa á violencia contra as mulleres, neste caso todo parece indicar a Diana, e en solidariedade coa familia. Previamente a corporación de Rianxo celebrará unha sesión extraordinaria ás 12.30 h. |
- APIs de Blogue
Un día en Rianxo
O venres 15 de Decembro fomos visitar Rianxo.
Fixemos un Paseo Roteiro-Lúdico polas rúas mais vellas de Rianxo e ás 12:00 v fomos ao Auditorio ver un Teatro de Sombras.
- APIs de Blogue
Presentacion da Guía de lectura
Nenos e nenas da Escola de Pazo participan no acto de presentación da Guía de Lectura que se celebrou o día 15 de decembro no Auditorio de Rianxo..
No acto participaron os Colexios Brea Segade, Ana María Diéguez e Castelao ademais do noso Centro e a Biblioteca Municpal de Rianxo.
Os alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo recitaron poemas de Antonio García Teijeiro
- APIs de Blogue
FESTIVAL "FESTEXANDO O NOSO PATRIMONIO"
Mañá mércores 20 de decembro levaremos a cabo o noso festival de Nadal no Auditorio Municipal de Rianxo. Os nosos pequenos e pequenas nos deleitarán con cancións e bailes homenaxeando o noso patrimonio cultural e popular. Todas as familias que nos queirades acompañar seredes moi ben recibidas. Contamos con vós para pasar este día tan espacial todos xuntos.
A hora de inicio será ás 10 de mañá e o remate sobre as 12:30 h.
O claustro de profesores do CRA de Rianxo e todos os nosos nenos e nenas desexámosvos un bo Nadal e un próspero aninovo. 2018
Moitos bicos para todos e todas.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »