2017-2018
CARREIRA DAS LETRAS
O pasado mércores 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no Campo de Maneiro (Taragoña) coa nosa tradicional carreira na que crianzas, familias, profesores e profesoras participaron activamente manifestando o seu apoio na defensa da lingua galega.
Foi unha xornada moi agradable na que tornamos a rivalidade e a competitividade por convivencia e unidade fronte a unha causa que nos preocupa como é a continua perda de galegofalantes. Levamos a cabo distintas actividades co obxectivo de enxalzar o valor do galego como símbolo de identidade propia e da riqueza cultural que posuímos os galegos e as galegas.
Logo de recibir a tódalas escolas comezamos coas carreiras baixo o lema "movémonos polo deporte e a cultura". Ademáis, este ano quixemos darlle un carácter solidario colaborando coa campaña "Gotas para Níxer" de UNICEF.
A continuación tivo lugar un acto no que os nenos de Primaria da escola do Pazo renderon unha homenaxe á escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno.
Continuamos coa entrega de medallas e diplomas para dar paso a unha animada foliada na que bailamos e cantamos cantigas propias de Rianxo, como mostra do patrimonio musical da nosa vila, ó son dos instrumentos tradicionais interpretados por familiares, amigos e mestres do noso CRA.
Para rematar degustamos unha rica merenda que prepararon as familias.
Aquí tedes un vídeo onde se amosa o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste!
- APIs de Blogue
PROXECTO PLANTA
Aquí vos deixamos unha pequena mostra (que tiñamos pendente) do ben que o pasamos observando, consultando, clasificando, creando e sobre todo... disfrutando de un bo traballo en equipo!!
- APIs de Blogue
"O NOSO PATRIMONIO" Proxecto de Voz Natura no curso 2018-19
Seguindo a liña do proxecto deste curso, dende Voz Natura propuxémoslle ás escolas que indagaran sobre o seu patrimonio, a súa cultura e as súas tradicións. Decatámonos de que moi preto das nosas escolas podemos atopar numerosas construccións arquitectónicas antigas que desempeñaban unha función esencial nunha determinada época.
Tamén observamos o rica que é a nosa cultura, chea de costumes e tradicións que se mantiveron presentes na nosa terra co paso do tempo grazas á transmisión interxeracional pero que, por mágoa, estanse perdendo nos nosos días. Por iso creemos que son un ben moi valioso que temos que coidar e protexer, para que perduren moitos anos máis.
Esta é unha mostra do traballo realizado en cada unha das escolas do C.R.A. sobre o noso patrimonio máis próximo.
- APIs de Blogue
Arte mariño
Hi xa moito tempo, no Xapón cando os mariñeiros chegaban á terra, facían debuxos dos peixes que levaban para que a xente pudera compralos.
No Clube de Ciencia, tamén fixemos debuxos de animais mariños. Vede como os fixemos e a ver se vos gustan.
Collemos cunhas, langostinos, xoubiñas | E pintámolos con tinta de calamar diluida nun pouco de auga |
Procuramos pintar todo e procuramos que as cunhas ou peixes non queden moi enchoupados de auga | Xa pintados colocamos papel poroso enrriba do peixe que temos pintado coa tinta do calamar |
Facemolo tamén con moito coidado | Axudámonos eh ... |
Xa comezan a sair os debuxos. Tamén os podemos chamar gravados. | A que vos gusta esta arte xaponesa? |
Con coidado e axudándonos | Aí está o grabado dun langostino. |
- APIs de Blogue
Experimentamos coas cousas
Como podemos facer unha torre moi alta sen que nos caia? Podemos pasar auga dun vaso a outro cunha palliña? Como se fan a pompas de xabón? Sabedes quen é Leonardo da Vinci, pois inventou unha ponte que se construir con troncos sen necesidade de atalos, nin pegalos nin, poñerlle clavos, como o conseguiría.
No clube de ciencia os nenos e nenas do C.R.A. intentarono, a ver se o conseguiron?
Na base so pode ter unha ficha, non se poden subir nin ás cadeiras nin ás mesas | Conseguirán facer a ponte cos pauciños, sen atalos nin pegalos ? |
Como podemos pasar a auga da pipeta ao vaso coa palliña? | Moi importante, se nos axudamos resolvemos mellor. |
Como facer a pompa? | Saiu |
Unha torre distinta que mantén o equilibrio | Está tentando soplar, para qué? |
- APIs de Blogue
As cores e a química
Que á a cor vermella e a cor marrón?, como se consiguen as cores?
Imos investigar, que pasará nun papel coloreado se o humedecemos?
Como podemos humedecer un papel sen mollalo?
Imos ver
Con papel facemos un churriño |
Pintamos unha folla co rotula, facemos un furado no medio e poñemos u churriño de papel que temos preparado |
E colocamos o papel e co seu churriño nun vaso con auga. A folla pintada non pode tocar a auga | Que está a ocorrer agora? |
A cor expandiuse polo papel e o punto de cor fíxose moi grande. | Que ocurriu? que lle pasou a cor? |
Hai que pensar | Investigar e experimentar é moi divertido e se o facemos coas nosas compañeiras, mais divertido aínda. |
- APIs de Blogue
Presentación
Que é o club de ciencia Nautilus? O Club de Ciencia plantéxase como un espazo de aprendizaxe non formal no que os escolares se sumerxirán no eido científico a través dunha metodoloxía práctica na que predomine o diálogo, o traballo en equipo, a observación e manipulación de cara a acadar que os cativos den resposta ás súas curiosidades e aprendan os porqués de numerosos fenómenos naturais e outros aspectos cos que conviven.
Obxectivo xeral. Achegar ao alumnado de primaria ao eido científico dun xeito lúdico-educativo a través dunha proposta baseada no desenvolvemento de actividades e proxectos de divulgación científica na que eles serán os protagonistas.
Obxectivos específicos
- Incentivar a curiosidade e pensamento crítico.
- Xerar relacións entre nenos e nenas de diferentes idades cun punto en común: a ciencia.
- Dar a coñecer o porqué dos fenómenos naturais e cercanos cos que convivimos a diario.
- Afianzar a seguridade e evitar “o medo” polas asignaturas de ciencia.
- Potenciar e fomentar a creatividade a través da realización de experimentos, xogos, obradoiros e outras actividades nas que os cativos observen, manipulen e sexan os protagonistas das sesións.
- Destacar o uso da lingua galega en ámbitos coma o da ciencia.
- Poñer de manifetso o papel da muller na ciencia en concreto o papel da muller científica con recoñecemento internacional.
Metodoloxía.- Estará baseada na asamblea dos escolares e o traballo en equipo para a consecución dun obxectivo común: a resposta ou solución ao proxecto e/ou actividade de ciencia plantexado.
Serán sesións nas que predominará o diálogo grupal fomentando que os escolares manifesten as súas dúbidas e curiosidades e facendo que entre todos se plantexe unha solución ás mesmas.
O alumnado será o protagonista das sesións de ciencia ao ter que aplicar o método científico en cada unha delas; a observación e manipulación dos materiais fará que os escolares se enganchen á ciencia e vaian desenvolvemento o pensamento crítico e fomentando a súa curiosidade.
Os docentes tratarán de inculcar a participación de cada un dos alumnos e potenciarase o manexo dos materiais por parte de cada un deles potenciando a familiarización e o seu desenvolvemento persoal.
Unha metodoloxía práctica e dinámica fará que o grupo estea unido e afiance lazos por un tema común: a ciencia.
Programación e actividades.- Proponse unha programación anual de 1 hora e 30min semanais coa que se traballen diferentes temáticas a través de diversas vías como xogos, experimentos, diseccións, TICs, robótica, ....
As temáticas xerais nas que se afondará son:
-Bioloxía: flora e fauna mariña e terrestre.
-Xeografía: o planeta Terra e a súa dinámica, cambio climático, correntes oceánicas, efecto invernadoiro, latitude, meridianos, paralelos, ...
-Física: óptica, electricidade, forzas, termodinámica, ...
-Química: variacións de pH, valoracións químicas, indicadores, ...
-Robótica.
En termos concretos as sesións abordarán esas temáticas a través da realización de:
-xogos,
-experimentos,
-diseccións,
-manipulación de flora e fauna reais (en formol, disecados ou ben a través d epartes do seu esqueleto, etc),
-sesións divulgativas con apoios informáticos,
-programas informáticos e uso das TICs,
-etc
Toda a programación se levará a cabo relacionando os conceptos coa vida diaria do alumnado para que coñezan a aplicación real do que ven na aula e sexan conscientes do uso, manexo e beneficios ou axuda que a ciencia nos aporta.
- APIs de Blogue
IMOS AO TEATRO!
O VINDEIRO SÁBADO 28 DE ABRIL A NOSA ANPA IRMÁNS INSUA CONVÍDANOS AO TEATRO. VEREMOS A OBRA MISTERIOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE RIANXO ÁS 12:00 DA MAÑÁ. CONTAMOS CON TODOS VÓS, ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »