As familias na Escola. Charla sobre adestramento de cans

Este pasado venres puidemos desfrutar na escola de Rañó dunha sesión práctica sobre o adestramento de cans.

A charla foi impartida por Loli, a nai do noso alumno Miguel, e ademais de ensinarnos técnicas de adestramento transmitiunos o valor do amor aos animais.

Os nenos e nenas puideron poñer en práctica, en primeira persoa, algunha destas técnicas.

Esta actividade enmárcase dentro da programación charlas na que as familias dos alumnos e alumnas son os protagonistas.