Escola de Quintáns
Diseccionamos un peixe!
Este trimestre, os nen@s da aula de primaria de Quintáns, estivemos estudando os distintos tipos de animais e as súas características. Tíñamos algunhas dúbidas cos peixes e as súas partes, así que o profe Pablo trouxo unha Lubina á clase para que visemos todo moito máis claro.
Foi unha experiencia ben chula e entre todos puidemos ver todas e cada unha das partes dos peixes que saían no noso libro de ciencias naturais.
Vimos a pel e as escamas e abrimos o lateral da súa cabeza para ver e tocar as branquias. Eran como pulmóns humanos pero en pequeno! Tamén tivemos ocasión de observar as súas aletas e cola con detalle.
Despois abrímolo para comprobar se era certo que os peixes son vertebrados, é dicir, que teñen esqueleto interno. Unha vez aberto pola metade, comprobamos que era certo e que a lubina tiña espiña dorsal, que é o esqueleto dos peixes.
Foi unha experiencia moi interesante e divertida!
Aquí vos deixamos fotos da nosa pequena investigación científica.
- APIs de Blogue
E QUE VIVA O ENTROIDO!
@S NEN@S E NENAS DE QUINTÁNS VIVIMOS ESTE ENTROIDO QUE NOS ACABA DE DEIXAR NON SÓ NA NOSA FESTA CON TODOS OS COMPAÑEIR@S DO CRA NA ESCOLA DE OUTEIRO, SENÓN QUE TAMÉN DISFRUTAMOS ARREO FACENDO OS NOSOS DISFRACES E POR SUPOSTO...CO NOSO DEMO DE TORIBIÑO QUE NOS TOLEOU A CABEZA UNHA SEMANA ENTEIRA!
PERO CON TODO, QUEDARON UNHA CHEA DE RECORDOS BONITOS!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO BEN QUE O PASAMOS!
- APIs de Blogue
PARABÉNS ÁLEX!
No mes de Xaneiro, na escola só cumpriu anos Álex. Xa ten 7 anos e foi o primeiro dos nenos de primaria en facerse aínda máis maior!
Por non variar, celebrámolo cunha gran festa con biscoito e bombas.
Que cumpras moitos máis Álex!
- APIs de Blogue
DENDE QUINTÁNS...BO NADAL!
ASÍ PREPARAMOS O NADAL NA ESCOLA DE QUINTÁNS E O QUEREMOS COMPARTIR CONVOSCO.
DENDE A NOSA ESCOLA @S PROFES E @OS NEN@S, DESEXAMOS QUE ESTE ANO QUE ENTRA VOS VEÑA CARGADIÑO DE SAÚDE E LEDICIA PARA TOD@S VÓS.
BO NADAL E FELIZ 2016!
- APIs de Blogue
CAPITÁN PLANETA ENCÁRGANOS...PLANTAR LIXO!
Este ano recibimos unha carta do Capitán Planeta que nos deixou a todos un pouco despistados...Él, un heroe que loita contra a contaminación, mandábanos plantar lixo!
Nós aínda así fixémoslle caso, e nun cacharro con terra, plantamos restos das nosas merendas. Un pouco plátano, as súas tonas, máis tonas pero de laranxa...E tamén plantamos papeis de galletas e a tapa de un iogur de beber.
A nosa sorpresa foi tremenda cando vimos que co paso dos días, á froita e ás tonas lles nacían pelos! Deixamos pasar máis días e....QUE PASOU?
Os restos das froitas desapareceran! A terra tragáraos, sen embargo os papeis das galletas e do iogur, parecían seguir alí.
Metemos a man indagando e explorando e confirmáronse as nosas sospeitas. Nin rastro da froita, pero os papeis seguían alí como o primeiro día.
Así foi como comprendemos o que o noso Capitán nos quixo ensinar. Se tiramos lixo ó chan, se é materia orgánica, a terra aliméntase dela, sen embargo se tiramos lixos inorgánicos, (papeis, botes, plásticos...) creamos unha terrible capa de contaminación.
GRAZAS CAPITÁN PLANETA POR TAN VALIOSA LECCIÓN!
Aquí vos queda o noso experimento en fotos
- APIs de Blogue
FELIZ ANIVERSARIO ANTÍA E MARCOS!
A finais do mes de novembro en Quintáns, celebramos os cumpleanos de Antía e Marcos que se fixeron unha chisca máis maiores!
Antía cumpriu nada máis e nada menos que 3 anos! e Marcos xa alcanzou a tremenda cifra de 6!
Con un motivo así e como é tradición, fixemos unha gran celebración.
A medrar moito!
- APIs de Blogue
TODOS SOMOS MARGARIDA!
O 25 DE NOVEMBRO CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NA ESCOLA DE QUINTÁNS LEEMOS O CONTO DE ROSA CARAMELO. UNHA HISTORIA BEN INTERESANTE SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO. ISTO LEVOUNOS A FACER UN EXPERIMENTO. SEPARÁMONOS EN GRUPOS DE NENAS E NENOS. PRIMEIRAMENTE, GUSTÁBANOS MOITO PERO DESPOIS, Ó VER QUE NON PODÍAMOS XOGAR CON TODOS OS NOSOS AMIGOS POR ESTAR SEPARADOS, XA NON NOS FIXO TANTA GRACIA. ASÍ QUE ENTRE TODOS DECIDIMOS QUE A MELLOR OPCIÓN ERA SER IGUAIS, FORMAR UN GRAN GRUPO E DARNOS UNHA APERTA COLECTIVA!
Ó DÍA SEGUINTE E PARA CELEBRAR O MOITO QUE NOS GUSTARA FACER ISTO E QUE TODOS SOMOS IGUAIS E TEMOS OS MESMOS DEREITOS, FIXEMOS UN GRAN MURAL.
ASÍ, POIS BERREMOS TODOS XUNTOS!
TODOS SOMOS IGUAIS! TODOS SOMOS MARGARIDA!
- APIs de Blogue
ACHÉGASE O MAGOSTO!
Achégase o magosto a Quintáns, no cal esperamos disfrutar moito con todos os nosos compañeiros e compañeiras do resto das escolas do CRA.
Esta semana nas nosas aulas, estivemos a traballar arreo para que a nosa escola quedase ben bonita e acorde con estes tempos de magosto e outono. Decoramos os teitos, as portas e ata as ventás con castañas. Unhas grandes, outras pequenas, algunhas de cores...
Pero cando máis disfrutamos foi facendo os nosos bolsos e cestas para papar as castañas este venres en Rañó, e ata as fixemos con dous espazos para botar nun as castañas e noutro as tonas!
Aquí vos deixamos este vídeo para que vexades como nos preparamos para o gran día!
Apertas castañeiras!
- APIs de Blogue
DANIEL TRÁENOS MILLO!
O 5 de novembro, os nenos e nenas de Quintáns, visitamos a biblioteca do noso amigo Daniel, xa que nos invitou cunha carta tan suculenta, que non podíamos desprezar a invitación de ningunha maneira. Prometíanos bonitas lendas de México, música e moito moito millo! Así foi! O profe Tobías leunos un contiño de México e algunhas das nosas mamás e avoas acompañáronnos para contarnos todo o que saben do millo e o seu cultivo!
Tamén o profe Rubén nos deixou tocar os instrumentos, e bailamos e cantamos ó ritmo de Migallas e o seu "Pan de millo". Podédesnos ver neste vídeo cantando e bailando contentiños como espigas en fror!
Foi un día emocionantísimo!
Agardamos que Daniel nos traia pronto máis aventuras así.
- APIs de Blogue
SAMAÍN EN QUINTÁNS
Na escola de Quintáns celebramos o Samaín fai uns días. Foi unha festa ben especial. Houbo disfraces, aniversarios, tarta...pero algo tremendo pasou esa mañá! A escola encheuse de pantasmas e...Se queredes saber máis, teredes que ver o noso vídeo!
Bicos e apertas cargadiñas de medo!
- APIs de Blogue