CAPITÁN PLANETA ENCÁRGANOS...PLANTAR LIXO!

Este ano recibimos unha carta do Capitán Planeta que nos deixou a todos un pouco despistados...Él, un heroe que loita contra a contaminación, mandábanos plantar lixo!

Nós aínda así fixémoslle caso, e nun cacharro con terra, plantamos restos das nosas merendas. Un pouco plátano, as súas tonas, máis tonas pero de laranxa...E tamén plantamos papeis de galletas e a tapa de un iogur de beber.

A nosa sorpresa foi tremenda cando vimos que co paso dos días, á froita e ás tonas lles nacían pelos! Deixamos pasar máis días e....QUE PASOU?

Os restos das froitas desapareceran! A terra tragáraos, sen embargo os papeis das galletas e do iogur, parecían seguir alí.

Metemos a man indagando e explorando e confirmáronse as nosas sospeitas. Nin rastro da froita, pero os papeis seguían alí como o primeiro día.

Así foi como comprendemos o que o noso Capitán nos quixo ensinar. Se tiramos lixo ó chan, se é materia orgánica, a terra aliméntase dela, sen embargo se tiramos lixos inorgánicos, (papeis, botes, plásticos...) creamos unha terrible capa de contaminación.

GRAZAS CAPITÁN PLANETA POR TAN VALIOSA LECCIÓN!

Aquí vos queda o noso experimento en fotosSorriso