Escola de Rañó

FACEMOS PAPIROFLEXIA

Hoxe en plástica fixemos PAPIROFLEXIA, a que é unha palabra moi rara?

Esta actividade consiste en facer figuras dobrando papel, sen cortar, sen pegar, sen grapar,... SÓ VALE DOBRAR!!!

Con imaxinación,paciencia e moita práctica podemos facer case todo o que se nos ocorra. Nós empezamos polas bolboretas.

Primeiro aprendemos a conseguir cadrados dunha folla rectangular, pois case todas as figuras parten dunha base cadrada. Despois cada un decorou o seu cadrado de papel con moitas cores para que as bolboretas quedaran ben bonitas.

 

 

 
   

 

Empezamos a dobrar: un pouquiño por un lado, outro pouquiño polo outro,...

   
   CON MOITO COIDADO E ESMERO!

e quedáronos así de bonitas

   
   

 

Ao final xogamos con elas e fixemos sombras na pantalla inventando pequenas historias

   

pero faltábannos personaxes, por iso decidimos seguir practicando para aprender a facer: paxaros, avións, flores,... Aínda que iso será outro día, pois hoxe xa traballamos moito!

 

 

 

 

 

 

OS GATIÑOS DE ISMAEL

Chámome Ismael e teño unha gata que se chama Xoguetona.

O outro día tivo gatiños.

Mirade que bonitos.  

ISMAEL, ÁNGEL E LARA.

RAÑÓ 29 DE MAIO.

BesoSonrienteChulo

EXCURSIÓN Á GRANXA

Pasámolo moi ben na granxa da Toxa. Gustáronme moito os coellos.Ismael.

A min gustoume dar de comer aos animais.Adrián.

Estaba moi rico o pan que fixemos.Silvia.

p 

 

 

 

 

 

 

 

CARREIRA DAS LETRAS

 

O venres fomos a carreira das letras.

Pasámolo moi ben.

E deronnos unhas medallas moi chulas.

 

RAÑÓ 19 DE MAIO 2009.

ÁNGEL, ISMAEL E SILVIA.

O XAXILEO AZUL

O OUTRO DÍA  A PROFE MARTA CONTOUNOS UN CONTO QUE NOS GUSTOU MOITO: "O Xaxileo azul".

DESPOIS ANIMOUNOS A FACER ESTES DEBUXOS.

GRAZAS PROFE MARTA.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                            

               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                       

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL RAÑÓ.

O NOSO XARDÍN

 

Levamos traballando no xardín da escola  dende o inicio do curso para que ao chegar a primavera lucise bonito e puidésemos desfrutar del.

Os traballos iniciais foron os máis duros, pero grazas á colaboración de pais/nais e outros familiares todo foi máis doado.

Así empezamos... 

   

 
Pero o curso é longo e deunos tempo a facer outras moitas actividades: pintamos as macetas nas que pronto plantaremos flores. 

Tamén realizamos actividades de reciclaxe e foi así como transformamos botellas de leite, tapas, botes de iogur,... en adornos para o noso xardín: bolboretas, flores e xoaniñas.  

   
   

Quedáronnos así de bonitos.

O esforzo mereceu a pena e agora temos este xardín... 

 
 

que coidamos con moito esmero entre todos. 

   
   
   
   

Sonriente   Sonriente   Sonriente

O NOSO XARDÍN COMENTARIOS

  ¡¡ MOITAS GRACIAS POLOS COMENTARIOS TAN LINDOS
QUE ESTADES A FACER DO NOSO XARDÍN  !!

POR FIN TEMOS INTERNET

Onte veu un home que arranxou a conexión a internet.

Agora estamos moi contentos porque podemos participar na pásxina do CRA.

SAUDOS DA ESCOLA DE RAÑÓ, DE ANA , DE  TODOS OS NENOS E DE ADELA.

Mar ,Ángel e María.

XOVES 7 DE MAIO 2009.

Tobías vai á escola de Rañó

 

 

 

 

Hoxe Tobías foi á escola de Rañó.

Xogou con Raul, con Sergio e con Raquel.

Luís e tamén Sergio e Raul. tamén xogaron co Ordenador

Tamén se disfrazaron

Tamén merendaron

E tamén xogaron no patio

Escola de Rañó a 11 de Febreiro de 2.009

 

DÍA DA PAZ

O VENRES FIXEMOS UN MURAL COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA UN MUNDO DE PAZ:

Sonriente"Por un mundo cheo de felicidade" (MAR).

Riendo"Por un mundo cheo de saude" (ÁNGEL).

Sonriente"Por un mundo cheo de agarimo" (MARÍA).

Sonriente"Por un mundo sen odio" (ISMAEL).

Guiño"Por un mundo cheo de paz" (SILVIA).

Riendo"Por un mundo sen medo" (ADRIÁN).

Sonriente"Por un mundo cheo de amor" (LARA).

Guiño"Por un mundo sen pobreza" (LUIS).

Riendo"Por un mundo sen pelexas" (SARA).

Guiño"Por un mundo sen fame" (SAMUEL).

Sonriente"Por un mundo cheo de ledicia" (NURIA).

Riendo"Por un mundo cheo de amigos" (SERGIO).

Sonriente"Paz" (RAÚL).

Guiño"Amor" (RAQUEL).

Riendo"Bicos" (JADE).

Sonriente"Por un mundo cheo de alegría e ilusión" (ADELA).

Guiño"Por un mundo sen guerras e sen pelexas. Viva a paz!!!" (MARISA).

Sonriente"Por un mundo cheo de felicidade" (BELÉN).

Riendo"Peace" (ANA).

Guiño"Por un mundo sen guerras" (ANA).

 

 DESEXAMOS QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DÍAS DE PAZ!!!

 

 

 

 

Distribuir contido