Escola de Rañó
CONCERTO DIDÁCTICO
O luns gozamos dun concerto didáctico no auditorio de Rianxo. Alí puidemos escoitar diferentes bandas sonoras procedentes de algúns dos contos de Disney: La sirenita, Tarzán, El rey León...
Facemos as nosas ilustracións...
- APIs de Blogue
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO NOVO ALUMNADO
Co fin de facilitar a incorporación do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) ou aquel que se incorpora por vez primeira ao colexio, levarase a cabo o período de adaptación do nen@ á escola, período que non se poderá prolongar con posterioridade ao día 23 de setembro do 2011.
NOME DOS NENOS:
- AIDA GONZÁLEZ GÓMEZ
- SAMUEL MORALES FRIEIRO
- APIs de Blogue
LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN INFANTIL: lingua inglesa
LIBROS DE TEXTO PARA OS NENOS E NENAS DA ETAPA DE
EDUCACIÓN INFANTIL (lingua inglesa)
Cheeky Monkey 2. Editorial Macmillan.
(*) A excepción dos nenos/as que se atopan en 4º de Educación Infantil (3 anos).
- APIs de Blogue
VOLTA AO COLE
Ola a todos os nenos/as e familias da Escola de Rañó. O verán xa está chegando ao seu fin e a escola da comezo. O luns 12 de setembro reanúdanse as clases con horario reducido de 10:00 a 12:00, espérovos a todos e a todas cos brazos abertos.
- APIs de Blogue
LIBROS DE TEXTO. RAÑÓ
MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2011/2012
1º NIVEL
-
Matemáticas1 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9124-1
-
Música 1. Ed. Anaya 2011.
IBSN: 978- 84 -678- 0001- 2
-
Inglés
FIND OUT 1, PUPILS BOOK. Ed. MACMILLAN
-
Libro de lectura en castelán (será pedido ao longo do curso)
MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2011/2012
2º NIVEL
-
Lecturas 2. A NAVE DOS LIBROS. Proxecto“Os camiños do Saber”Ed. Santillana 2011.
IBSN: 978- 84- 9972- 085- 2
-
Matemáticas 2 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9670-3
-
Música 2. Ed. Anaya 2011
IBSN: 978-84-678-0003-6
-
Inglés
FIND OUT 2, PUPILS BOOK . Ed. MACMILLAN
-
Libro de lectura en castelán (será pedido ao longo do curso)
- APIs de Blogue
AS ARQUETAS DA ÍNSUA
NOME: Jairo |
DATA: 15 de xuño do 2011 |
LUGAR: Arquetas da Ínsua |
COMENTARIO A auga nace nun manancial natural no montes, pasa por unha mangueira ata as arquetas que cada unha delas é individual, onde cada veciño ten a súa. Estas mesmas están dentro dunha nave pola que saen varias mangueiras que van cada unha para a casa de cada veciño, para o uso doméstico da mesma.
|
- APIs de Blogue
A FONTE DE CABANES
NOME: Dani |
DATA: 2 de xuño do 2011 |
LUGAR: A fonte de Cabanes |
COMENTARIO É unha fonte moi antiga. Esta fonte foi feita no ano 1941. Antigamente as persoas da aldea ían beber e buscar auga a ela, era moi utilizada polos veciños. Ten dous caños que antes botaban moita auga, agora menos, xa non é tan utilizada.
|
- APIs de Blogue
FONTE DE MEIQUIZ
NOME: Borja García Moares |
DATA: 1 de xuño do 2011 |
LUGAR: Fonte de Meiquiz |
COMENTARIO Esta fonte é moi antiga. Pola beira pasa un río que nace nun lugar ao que lle chaman Río Mouros. Pasa polas aldeas: Or, Meiquiz, Cabanes e desemboca cun lugar ao que lle chaman Río do Mar, que está na aldea de Rial. Ao longo deste río antigamente atopábanse 6 muíños de auga nos que os veciños moían os seus cereais.
|
- APIs de Blogue
O RÍO ULLA
NOME: Helena Alcalde Aguiar |
DATA: 29 de maio do 2011 |
LUGAR: O río Ulla |
COMENTARIO Son fotos do río Ulla dende a aldea dos meus avós ata Leiro. No verán bañámonos no río e os meus pais traballan nel collendo marisco. En leiro é a desembocadura e é navegable ata a altura de Padrón, facendo unha liña imaxinaria dende Abuín (Leiro) ata Cortegada. Alí é onde se divide a auga doce do río e pasa a ser a salgada, considerando xa mar. O río para nós é beneficioso, tanto a nivel económico como a nivel de goce.
|
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »