Escola de Rañó

A FRAUTISTA DE HAMELIN

Na escola de Rañó fixemos unha xuntanza moi especial, pasamos o día cos nenos e nenas da escola de Abuín. A profe Rosa fixo uns xogos moi divertidos de presentación, por si algún ou algunha de nós todavía non nos coñecíamos. Con motivo da celebración do día da auga, investigamos sobre aquelas accións que podíamos levar a cabo para aforrar auga. E vaia se discurrimos que sairon cousas fascinantes!!!


Pero o momento máis especial do día foi a chegada dos músicos e músicas de Rianxo. Escoitamos ao mestre Rubén narrando o conto de "A frautista de Hamelin", acompañado pola melodía dos instrumentos. Se incluso escoitamos os chirridos dos ratos!!! Mamás, irmáns, avoas e avós nos acompañaron e, por suposto, agradecerlles a súa presenza.


Chegou a hora da merenda... ummm, despois de tanta actividade xa nos veu a fame, e que mellor maneira de gozar da merenda que ao fresco das árbores.


Xogamos aos relevos coa mestra maría e rematamos o día cun xoguiño da auga "Se aforramos, todos e todas gañamos".


Bueno, pero casi mellor O VEMOS:



 

Gozando coa música e cos contos

Este segundo trimestre non podía faltar a visita a nosa BIBLIOTECA. Alí realizamos unha gran variedade de actividades organizadas por dous mestres: Rubén e María.   


Con Rubén descubrimos a música de Haendel, escoitando as súas obras, gozando coa práctica instrumental e danzando ao ritmo da música. 


Coa mestra María escoitamos contos narrados e os visualizamos a través da pantalla dixital. Ademais presentamos algúns dos nosos traballiños recollidos no caderno de Daniel.


La fábrica de nubes. Arianne Faber



         


El mundo al revés. María Helena Walsh


Aquí vos achegamos unha pequeña mostra desta sesión... Gozade con ela!!! Grazas María, grazas Rubén. 


     

O DÍA MUNDIAL DA POESÍA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA



O día mundial da poesía propúxose pola UNESCO no 2001, como tributo á "palabra poética", festexándose, de ese modo, todos os 21 de marzo, coincidindo coa chegada da PRIMAVERA. A UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado:


«Es evidente que una acción mundial a favor de la poesía daría un reconocimiento y un impulso nuevo a los movimientos poéticos nacionales, regionales, e internacionales. Esta acción debería tener como objetivo principal sostener la diversidad de los idiomas a través de la expresión poética y dar a los que están amenazados la posibilidad de expresarse en sus comunidades respectivas».


É por iso que hoxe, 21 de marzo do 2011, nós, lembramos dita data traballando un poema que o noso amigo DANIEL entregounos a semana pasada na BIBLIOTECA. Grazas Daniel!


CHOVISCA EN MARZO


CONTRA AS ESQUINAS


CHOIVA LIXEIRA


CHOIVA BEN FINA


Antonio García Teijeiro. "Chove nos versos". Editorial Xerais


Se queredes gozar coa poesía galega, aquí vos deixamos o enlace a unha páxina web de interese:


http://www.poesiagalega.org/


E lembrade, a poesía non so se atopa nos libros, senón en todo aquilo fermoso que nos rodea!


p

HOXE É O TEU DÍA... PAPÁ

Neste día 19 de marzo, festexamos unha data moi especial para todos os nenos e as nenas do mundo: O DÍA DO PAI.

Aínda que é moi bonito festexar este día, todos os días teñen que ser días especiais para compartir cos nosos pais, dándolles moito cariño e amor.

Na escola de Rañó gústanos moito que os pais pasen tempo cos seus cativ@s e por iso pensamos que que mellor agasallo que un bonito marcapáxinas para gozar lendo todos/as xuntiños.

       MOITOS PARABÉN A TODOS!!!!

ACHEGAMENTO AOS MUÍÑOS DENDE A MAN DE JOSE MARÍA RODRÍGUEZ

O xoves 10 de marzo recibimos a visita dun gran coñecedor dos muíños, Jose María Rodríguez, veciño de Leiro.

Ademáis de facernos un achegamento á importancia dos muíños para a nosa terra galega, deleitounos con poemas varios, incluso poemas da súa propia creación. Aquí mostramos algúns exemplos:

                       CANDO BARRAS COA VASOIRA

              AO REDOR DO TEU MUÍÑO

              EU DÍGOCHE MUIÑEIRA

                QUE TI ME VOLVES TOLIÑO.

                        MUIÑEIRA, MEU AMOR

                        EU CAPA QUIXERA SER

                         E XIRA, XIRA QUE XIRA

                             ESTAR SEMPRE AO TEU REDOR.

 

   
   
   
   
   

Obradoiro de alimentación

QUE BEN O PASAMOS NO OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN!

 

Coa Candeloria o horto en Rañó aflora

Aínda que a Candeloria festéxase o 2 de febreiro, os nenos/nenas e mamás de Rañó a festexaron durante varios días e ao grande! Queredes velo?

Ademais aprendimos moitiñas cousiñas da Candeloria que foron saíndo despois de moito investigar...

 

 

 
   
   
   
   
   

 

 

 

 

Creamos o noso símbolo da paz

Ao longo da semana pasada estivemos investigando sobre o significado de dous dossímbolos máis característicos da PAZ:

- A pomba branca

- O símbolo "hippie"

A paz interpretada por unha pomba branca levando un ramo de olivo no seu pico

ten unha orixe milenario e está fortemente ligada á cultura xudeo-cristiá.

Conta a lenda que Noé lanzou unha pomba branca co fin de atopar terra

trala inundación. Ao cabo dun tempo a pomba regresa ao Arca cun ramo de olivo

no seu pico, significando que a inundación acabara e que polo tanto Deus

estaba de novo en paz coa humanidade.

Agora a pomba branca pode representar dous tipos de paz: Si se representa co ramo

de olivo no seu pico simboliza o desexo de manter a paz xa alcanzada; mentres

que si se representa voando, por exemplo nos actos onde se lanza unha pomba

branca ao aire, simboliza o desexo de alcanzar a paz ao enviar un mensaxeir@ que a

 transmita.

O símbolo hippie popularizouse nos anos 60 e 70, tras comezar

a ser utilizado contra a guerra polo movemento hippie.

Deseñado polo artista británico *Gerald *Holtom en 1958.

O símbolo hippie está fortemente ligado ao da pomba branca,

xa que si observamos ben as liñas representan a pata da pomba e o

círculo a Terra, simbolizando deste xeito a paz mundia.

Como nos encantaron as mensaxes de paz que transmitían os símbolos,

decidimos crear os nosos propios símbolos da paz, escribindo unha mensaxe.



MACETA COS PÉTALOS DAS FLORES ABRÍNDOSE



ÁRBORE CON COGOMELOS


O SOL, UNHA ESTRELA


A NATUREZA


O NACEMENTO DAS FLORES

O XIRASOL

 
AMIG@S COLLIDOS DAS MANS


O SOL FAI MEDRAR ÁS FLORES


UNHA ÁRBORE DIFERENTE

 

Tod@s iguais, tod@s diferentes...

TOD@S IGUAIS... TOD@S DIFERENTES
A profe Mirian atopou un conto que trouxo dunha das súas viaxes ao estranxeiro, de Francia! Pero xurdiu un problema... A profe Mirian non sabía francés, así que lle pediu  axuda á mestra María para que llo traducira. Como o conto falaba das persoas que son iguais, e diferentes ao mesmo tempo, decidimos debuxar ao noso amig@ diferente. Se ata apareceu un extraterrestre!!!

 

             

Distribuir contido