A FRAUTISTA DE HAMELIN
Na escola de Rañó fixemos unha xuntanza moi especial, pasamos o día cos nenos e nenas da escola de Abuín. A profe Rosa fixo uns xogos moi divertidos de presentación, por si algún ou algunha de nós todavía non nos coñecíamos. Con motivo da celebración do día da auga, investigamos sobre aquelas accións que podíamos levar a cabo para aforrar auga. E vaia se discurrimos que sairon cousas fascinantes!!!
Pero o momento máis especial do día foi a chegada dos músicos e músicas de Rianxo. Escoitamos ao mestre Rubén narrando o conto de "A frautista de Hamelin", acompañado pola melodía dos instrumentos. Se incluso escoitamos os chirridos dos ratos!!! Mamás, irmáns, avoas e avós nos acompañaron e, por suposto, agradecerlles a súa presenza.
Chegou a hora da merenda... ummm, despois de tanta actividade xa nos veu a fame, e que mellor maneira de gozar da merenda que ao fresco das árbores.
Xogamos aos relevos coa mestra maría e rematamos o día cun xoguiño da auga "Se aforramos, todos e todas gañamos".
Bueno, pero casi mellor O VEMOS:
- APIs de Blogue