Escola de Rañó

Samaín e as súas tradicións

Durante a semana pasada festexamos unha festa de gran tradición en Galicia: O SAMAÍN.

Nesta semana lembramos aos celtas e os seus costumes, como foron as “pedras dos desexos”, os MILLADOIROS. Esta cultura tiña nas encrucilladas amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

Na Escola de Rañó, facendo uso dos elementos do outono, pedimos os nosos desexos empregando unha piña, “as piñas dos desexos”. Queredes velos…?

HELENA

 "QUERO QUE TODO O MUNDO TEÑA COMIDA"

DANIEL

"QUERO UNHA COLCHONETA"

RAÚL

"EU TEÑO GANAS DUNHA MOTO"

JAIRO

"QUERO SER UN DRAGÓN"

RAQUEL

"QUERO UN COCHE NOVO"

YERAY

"QUERO UN COCHE NOVO"

SAMUEL SABORIDO

"OS DOUS BÁCULAS QUE ME FALAN, QUE SON E REAL RIPER

E GRIFÓN DE LUME"

SAMUEL MORALES

"QUERO SER UN MAGO"

SARA

"QUERO SER ANTONELA!

BRAIS

"QUERO UN BARCO"

BORJA

"QUERO QUE TODOS ESTEAN FELICES"

NURIA: "QUE A MIÑA AVOA ESTEA FELIZ NO CEO"

AIDA: "QUERO VIVIR NUNHA MONTAÑA"

 

OS POEMAS DE RAÑÓ

EN RAÑÓ COMEZAMOS OUTUBRO CUN POEMA DE XOAN NEIRA...

 

   

A ENSALADA DE TOMATE E REMOLACHA

Aproveitando a cosecha do pasado curso, recollimos os últimos tomates e remolachas do noso horto. Ademais de repartilas entre todos/as, decidimos facer a nosa ensalada de tomates e remolacha!! ummm, e que saborosa estaba!!

A PRINCESA DO CAUREL

Empregando plastilina modelamos as nosas princesas do Caurel:

NURIA

 

RAQUEL

 

AIDA

YERAY

RAÚL

JAIRO

BRAIS

SAMUEL

DANIEL

SARA

SAMUEL S.

HELENA

RIANXO DIVULGA

Na escola de Rañó tivemos a sorte de recibir a visita de 2 oceanógrafos, Enma e Javier, que nos mostraron algúns dos peixiños máis impresionantes que se atopan nos fondos mariños (entre 500 e 2000 metros de profundidade), déronnos a oportunidade de experimentar cos obxectos mariños (algas, caracolas...) e presentáronnos o seu programa "Rianxo Divulga" o que nos permitirá seguir o seu traballo de maneira máis próxima. Graciñas pola vosa visita!!!

A FROITIÑA CHEGA A RAÑÓ

Ademais de gozar merendando froitas e en ocasións incluso descubrindo froitas novas, recollimos as sementes para plantar no noso hortiño, brotará algo...? Xa volo contaremos!!!

Distribuir contido