Escola de Rañó

DEPURADORA DE LEIRO

NOME: Yeray

DATA: 22 de maio do 2011

LUGAR: A depuradora de Leiro

COMENTARIO

A depuradora de Leiro foi feita en 2010 e inaugurada en 2011. Como se pode observar serve para limpar a auga, aínda que estea tan sucia como se pode observar nas fotos. Tamén pódese observar que ten varios estanques e unha casiña.

 

MUÍÑO DA BARROSA

NOME: Raúl

DATA: 8 de maio do 2011

LUGAR: Muíño da Barrosa

COMENTARIO

Os muíños da Barrosa son unha paraxe natural. Hai moitos muíños, un deles chamado “Muíño de Abaixo”. É empregado hoxe en día como taberna típica. No monte que rodea aos Muíños da Barrosa hai diversas rutas de senderismo.

 

ALDEA DA IGLESIA

NOME: Raquel

DATA: 30 de abril do 2011

LUGAR: Aldea da Iglesia

COMENTARIO

Esta fonte foi feita fai moitos anos na aldea da Iglesia, parroquia de Leiro. Está cerca da Iglesia e cando non hai auga no cemiterio vana buscar a ela.

Antes os sobrantes da auga aproveitábana para ao brañas e máis para regar os legumes do Cardal.

 

HERMIDA (ARAÑO), POZO DE BASTÓN

NOME: Samuel

DATA: 14 de abril do 2011

LUGAR: Hermida (Araño), pozo de Bastón

COMENTARIO

O pozo Bastón está no río Te, a uns kilómetros do seu nacemento (Campelo). Antes non era tan coñecido como agora, porque ten unha ruta de andaina con sinales. O río Te, os outros ríos e fontes forman parte de traída da auga dos rianxeiros.

 

O RÍO TE, AO SEU PASE POR LAXE

NOME: Nuria

DATA: 10 de abril do 2011

LUGAR: A Laxe (Taragoña)

COMENTARIO

Este é o río Te. Nace no monte da muralla, no municipio de Rianzo, cunha lonxitude de 9 kilómetros, e desemboca na ría de Arousa.

Estas fotos correspóndense co río ao seu paso por Laxe, na parroquia de Taragoña.

Como podedes ver hai moitos muíños nos que antigamente os veciños ían moer o millo.

 

A FONTE DE OR

NOME: Lara Vidal

DATA: 3 de abril do 2011

LUGAR: A fonte de Or

COMENTARIO

Esta fonte foi feita no ano 1961, nunha aldea pequeniña da parroquia de Leiro. A súa auga fresca daba de beber a todos os que traballaban na veiga e á xente que pasaba por ese camiño.

 

A FONTE DE RIAL

NOME: Luis Somoza

DATA: 27 de marzo do 2011

LUGAR: A fonte de Rial

COMENTARIO

Ola, chámome Luis e vou falarvos da auga:

Nun recuncho do Rial atópase a fonte e o lavadoiro. Foron construídos fai anos. No verán collemos auga, fresca e sabe ben. Antes lavábase no lavadoiro.

VISITÁDEA!

 

A FONTE

NOME: Sara Seijas

DATA: 18 de marzo do 2011

LUGAR: A fonte

COMENTARIO

A fonte de Rañó (Leiro) foi reconstruída por os veciños en 1949.

O tellado do lavadoiro foi reconstruído no ano 2006, polo Obradoiro de emprego.

As mulleres antigamente ían lavar a roupa.

Agora como hai lavadoras xa non lava ninguén.

Na nosa casa bebemos todos os días auga da fonte de Rañó.

 

RÍO DO MAR

NOME: Sara Vicente

DATA: 12 de marzo do 2011

LUGAR: Río do mar

COMENTARIO

Como xa podedes ver na foto isto era un muíño. Os meus bisavós e máis a xente de Leiro viña ao muíño a moer o millo que se plantaba no campo  para despois facer o pan para comer.

 

 

Distribuir contido