Escola de Rañó
Vamos de excursión á granxa escola!
O martes 24 de maio fomos de excursión á GRANXA ESCOLA DE BERGANDO. O grupo dos "cabalos e eguas domad@s" pasámolo moi ben realizando diferentes obradoiros gandeiros: hípica, xogos cooperativos, obradoiro de manualidades, obradoiro de cociña, coidados de animais... así como un gran xantar no que gozamos todos e todas xunt@s. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra da nosa aventura...
- APIs de Blogue
OS LITROS
Os nen@s de Rañó estivemos investigando cantos vasos de auga tiñamos que beber ao día. Para iso empregamos unha botella de 1 e 2 litros. Investigamos como verdadeiros científic@s, facendo as nosas hipóteses previas e apuntando os resultados nas nosas folliñas de científicos/as. E vaia sorpresas levamos! Como queremos aforrar auga, decidimos empregar a auga utilizada para o experimento, lavando con ela as mans antes de merendar.
- APIs de Blogue
O noso xardín segue florecendo!
xe estivemos traballando un pouquiño máis no noso xardín, arrancando as malas herbas e aproveitándoas para o noso compós. A mamá de Samuel tróuxonos tres árbores (nogueira, carballo e castaño) para que plantáramos no patio, xa que nos días de sol pasamos moito calor. Aprendimos como prantar unha árbore: facer o burato profundo empapándoo en auga, orientar a árbore, colocar as raíces, non movela a lo menos ata pasares 3 días... GRACIÑAS ALICIA!
Tamén agradecer a colaboración de todas as nais implicadas no coidado do xardín: grazas por axudarnos a limpar e abonar o terreo, prantar, polas flores e remolachas e, por suposto, por estar pendentes dos coidados diarios que esta bonita labor require. A todas vós, GRAZAS.
- APIs de Blogue
CHEGAN OS BOMBEIROS E A GARDA FORESTAL!
Recibimos unha visita inesperada... a chegada dos BOMBEIROS, e non porque houbera un lume, senón porque nos viñan dar unhas pautas de actuación se por algunha causa se xeneraba lume na nosa escola. Aprendimos moitas cousiñas: a posición na que tíñamos que caminar para afastarnos do lume, as características do lume, a importancia de escoitar a mestra en momentos de pánico, o número ao que tíñamos que chamar en caso de perigo, a función do extintor de incendios...
Samuel comentounos que o seu pai fora GARDA FORESTAL, así que decidimos invitalo para que nos falara da súa labor e da súa experiencia no ámbito dos incendios.
Graciñas a TODOS pola vosa colaboración! :)
Os nenos/as gozaron moito coas actividades, así que decidimos buscar información sobre os bombeiros (primaria) e reflectir aquilo que máis nos gustara no caderno de Daniel (infantil). E este foi o resultado...
- APIs de Blogue
DIA INTERNACIONAL DA AUGA
Tal e como nos contou a profe Mirian, o día 22 de Marzo fomos á escola de Rañó a compartir un día moi especial:
A celebración do día da auga.
Despois de facer uns xogos de presentación, Mirian contounos un conto sobre unha praia: "Limpiña: a praia máis bonitiña" na que a xente que ía non recollía a basura e a deixaban moi triste...
Isto fíxonos pensar moito sobre o que facemos polo noso medio ambiente e cómo podemos mellorar para non dañalo.
Foi nese momento cando a profe Mirian nos dixo que durante un minuto tíñamos que pensar maneiras de coidar a auga e con ela o noso medio ambiente.
Despois falamos do que podiamos facer e plasmámolo nuns debuxos marabillosos... si os queredes ver, mirade máis abaixo!!!
Gustáronvos? A nós as profes encantáronnos!
Moitas grazas á profe Mirian e ós nenos e nenas de Rañó por compartir connosco o voso cole!
UN ANIVERSARIO CON MOITO CARIÑO
Onte foi un día moi especial. Non porque fora o aniversario da mestra Mirian (aunque tamén ), senón porque onte compartimos moitos sentimentos, expresándoos a través da linguaxe corporal. Durante moito tempo as emocións considerávanse, erroneamente, pouco importantes. Agora tod@s coñecemos o gran papel que xogan as emocións no desenvolvemento afectivo do nen@. E é por iso que nós, mestr@s, pais/nais/avós/avoas, non debemos esquecer esta linguaxe, a linguaxe do xesto, a linguaxe do cariño, a linguaxe do amor.
A mestra María ensinounos a felicitarnos sen empregar palabras, unicamente as nosas mans, os nosos dedos, os nosos brazos, os nosos beizos... Calquera parte do corpo coa que puidésemos transmitir ese cariño especial que nos gusta compartir coas persoas cercanas, neste caso, os nosos AMIG@S. Grazas María e grazas nenos e nenas!
Despois de compartir bicos, abrazos, cóxegas, masaxes, apertas... pensamos en compartilo con todos/as vós. Así o viviron esta experiencia os cativos e cativas de Rañó:
- APIs de Blogue
A MARABILLOSA VIAXE DOS LIBROS
XUNTO COA ESCOLA DE PAZO, A ESCOLA DE OUTEIRO E O ANA MARÍA DIEGUEZ, MERGULLÁMONOS NUNHA FASCINANTE AVENTURA, A AVENTURA DOS LIBROS. AO LONGO DE TODA A VISITA POIDEMOS APRECIAR A INMENSIDADE DE POSIBILIDADES QUE NOS OFERTA UN LIBRO, E QUE DICIR SE O LIBRO TRATA DA... MENTIRA?
UNHA DAS AUTORAS DESTACADAS NESTA SALÓN DO LIBRO FOI GLORIA SÁNCHEZ...
"Dicían dela que tiña a cabeza chea de paxaros, pero non era de todo certo. Eran eles, os paxaros, os que buscaban acomodo no seu pelo encaracolado. Eles, os paxaros, revoaban sobre a súa cabeza e pousaban con suavidade, acariciando os seus fráxiles cabelos coas súas patiñas de arame."
NON FAI FALTA DICIR MÁIS, CON MIRARLLE AS CARIÑAS DE CURIOSIDADE DOS CATIVIÑ@S É ABONDO...
- APIs de Blogue
MILIKI E A TÁBOA DE MULTIPLICAR
Á petición dos nen@s de segundo de primaria, aquí vos mostramos un vídeo de Miliki da táboa de multiplicar. Ánimo, que multiplicar xogando sempre é máis divertido!!
http://www.youtube.com/watch?v=azf8J7CSdqs
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- seguinte ›
- última »