O noso xardín segue florecendo!
xe estivemos traballando un pouquiño máis no noso xardín, arrancando as malas herbas e aproveitándoas para o noso compós. A mamá de Samuel tróuxonos tres árbores (nogueira, carballo e castaño) para que plantáramos no patio, xa que nos días de sol pasamos moito calor. Aprendimos como prantar unha árbore: facer o burato profundo empapándoo en auga, orientar a árbore, colocar as raíces, non movela a lo menos ata pasares 3 días... GRACIÑAS ALICIA!
Tamén agradecer a colaboración de todas as nais implicadas no coidado do xardín: grazas por axudarnos a limpar e abonar o terreo, prantar, polas flores e remolachas e, por suposto, por estar pendentes dos coidados diarios que esta bonita labor require. A todas vós, GRAZAS.
- APIs de Blogue