CHEGAN OS BOMBEIROS E A GARDA FORESTAL!

 

Recibimos unha visita inesperada... a chegada dos BOMBEIROS, e non porque houbera un lume, senón porque nos viñan dar unhas pautas de actuación se por algunha causa se xeneraba lume na nosa escola. Aprendimos  moitas cousiñas: a posición na que tíñamos que caminar para afastarnos do lume, as características do lume, a importancia de escoitar a mestra en momentos de pánico, o número ao que tíñamos que chamar en caso de perigo, a función do extintor de incendios...

Samuel comentounos que o seu pai fora GARDA FORESTAL, así que decidimos invitalo para que nos falara da súa labor e da súa experiencia no ámbito dos incendios.

Graciñas a TODOS pola vosa colaboración! :)

Os nenos/as gozaron moito coas actividades, así que decidimos buscar información sobre os bombeiros (primaria) e reflectir aquilo que máis nos gustara no caderno de Daniel (infantil). E este foi o resultado...