Escola de Rañó
A paz chega á rede
Que bonito é a través do xogo, aprender novas cousiñas sobre a PAZ, animádevos a xogar con nós na rede?
So tedes que "clicar" no enlace que se atopa debaixo da pomba.
- APIs de Blogue
Numerete chega ao PLANETA do 3!
Numerete xa chegou ao planeta do 3, e coma sempre trae un novo obsequio dos habitantes dese planeta. Neste caso un rabiño en forma de 3 que os 3 porquiños lle obsequiaron! Que divertido é viaxar con NUMERETE!
PLANETA DO 3
E XA CHEGUEI ATA O 3
ATÓPOME MOI CANSADIÑO
E MENOS MAL QUE OS 3 PORCOS
REGALÁRONME UN RABIÑO
E AQUÍ ESTAMOS FACENDO O RABIÑO DE NUMERETE. ESTA VEZ CUNHA ESPONXIÑA EN FORMA DE 3
E ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU...
- APIs de Blogue
O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES
O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES
Dende esta fin de semana o CADERNO DE DANIEL ponse en funcionamento no voso FOGAR. A vosa participación é indispensable para que levemos a cabo unha aprendizaxe conxunta: nen@s, familias e mestras.
- Debuxos
- Poesías
- Refráns
- Artigos do xornal
- Composicións plásticas
- E todo aquilo que se vos ocorra!
- Lendo con eles/elas
- Motivándoos
- Dándolle ideas nas súas propias creacións
- Axudándolles a investigar sobre algún tema en cuestión, a través da reprodución de vivencias dos avós/avoas, do emprego de libros, Internet, xornais..
Moitas grazas pola vosa colaboración e que GOCEDES XUNT@S LENDO.
(*) PRIMARIA: Levades unha folliña que deberedes entregar o último día de cada mes.
POEMA DE UXÍO NOVONEYRA
Facemos unha rectificación no poema do mes de xaneiro, agora si é o definitivo:
POEMA DO MES DE XANEIRO
Neva venta e fai fume.
Vense a xente tralo lume.
Uxío Novoneyra
Entre todos os nen@s da escola de Rañó decidimos traballar mensualmente o poema que os demais compañeir@s do CRA de Rianxo elaboraron para o calendario do 2011. Como estamos no mes de xaneiro, comezamos cun poema de Uxío Novoneyra composto pola Escola de Abuín. Moitas grazas Isabel e nen@s de Abuín polo bonito traballo que realizáchedes.
O poema abriunos un abanico de posibilidades: lelo, analizalo, recitalo, dramatizalo e facer unha composición a través dos seus versos. Así de chulo quedou:
A aula de música e a biblioteca
Aínda que xa pasou tempo desta saída, os nen@s de Rañó e as mestras non a esquecen. Que ben o pasamos co mestre Rubén, cantando, tocando diversos instrumentos, danzando... E coa mestra María gozando coa lectura do conto de Pétala e descubrindo un recuncho tan marabilloso como é a biblioteca.
GRAZAS POR FACERNOS DISFRUTAR TANTO! Esperamos con impaciencia a próxima saída.
- APIs de Blogue
GRAZAS DOLORES!
Este debuxo elaborado polos nen@s de Rañó transmite o agradecemento dos propios nen@s a Dolores por cosernos o banquiño de biblioteca.
GRACIÑAS DOLORES! :)
- APIs de Blogue
NUMERETE
PLANETA DO 2
Son Numerete, son Numerete
sonche moi particular
vou de planete en planeta
non paro de viaxar.
Hai que planeta máis raro
onde fun parar
pois déronme 2 pendentes
que non paraban de falar.
Numerete animounos moito a xogar co número 2, e así o fixemos empregando os carozos que algúns nen@s trouxeron á aula. Grazas papás, mamás, avós, avoas... por acordarvos de nós e por esas cousiñas cotiás que tanto empregamos para traballar moitos conceptos matemáticos. Aquí vos deixamos unha mostra diso:
- APIs de Blogue
CHEGAN OS REIS MAGOS Á ESCOLA DE RAÑÓ
Aquí están os tres Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar
Dende a escola de Rañó desexamos a todos os nenos e nenas do mundo moitas noites de ilusión e amor compartidas con toda a familia.
FELICES FESTAS AMIG@S!
- APIs de Blogue
O SEÑOR MAGO E A FOLLA
O SEÑOR MAGO E A FOLLA
AO OUTONO NON LLE QUEDA MOITO TEMPO, PERO AOS NEN@S DE RAÑÓ GÚSTALLES LEMBRALO XA QUE É UN TEMPO ESPECIAL: FAI FRÍO, VENTO, CAEN AS FOLLAS, OS COGOMELOS AFLORAN AOS REDORES DAS ÁRBORES, CHEGA O SAN MARTIÑO, É TEMPO DE VENDIMIA, MAGOSTO...
CON ESTE CONTO A MESTRA MARÍA AXUDA AOS NEN@S A RECOÑECER ESES ELEMENTOS, ASÍ COMA A FACER QUE VOE A SÚA IMAXINACIÓN. CO DEBUXO REPRESENTAN UNHA VIVENCIA, A SÚA PROPIA VIVENCIA DO CONTO, E COA ESCRITURA PLASMAN CON PALABRAS AQUILO QUE MOSTRAN NO DEBUXO. É POR ISO QUE NON DEBEMOS PERMITIR QUE A PINTURA CONVÉRTASE NUNHA SIMPLE ACTIVIDADE DE RECHEO, SENÓN QUE LEVA CONSIGO UNHA MULTITUDE DE POSIBILIDADES QUE DESEMBOCAN NUNHA CAPACIDADE PRINCIPAL QUE DEBEMOS POTENCIAR NESTAS ETAPAS (INFANTIL E PRIMARIA): "APRENDER A PENSAR POR UN MESM@".
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA:
NUMERETE
NUMERETE
OLA AMIGOS E AMIGAS, CHÁMOME NUMERETE. A MIN GÚSTAME MOITÍSIMO VIAXAR AO REDOR DOS PLANETAS DOS NÚMEROS E ENCANTARÍAME QUE ME ACOMPAÑARADES NESTA AVENTURA, QUEREDES? POIS ENTÓN COMEZAREI A CONTARVOS CALES SON AQUELES PLANETAS QUE VAMOS A VISITAR… E QUE MELLOR MANEIRA QUE A TRAVÉS DAS POESÍAS. EN CADA UN DESTES PLANETAS VEREDES COMA SEMPRE ME LEVO ALGO DE LEMBRANZA, SERÁN NÚMEROS... ?
PLANETA DO 1
Son Numerete, son Numerete
sonche moi particular
vou de planete en planeta
non paro de viaxar
Cando cheguei ao do 1
eu xa me puxen moi ledo
pois fixen 1 amiguiño
que me regalou 1 pelo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- seguinte ›
- última »