O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES

 

                     O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES 

Dende esta fin de semana o CADERNO DE DANIEL ponse en funcionamento no voso FOGAR. A vosa participación é indispensable para que levemos a cabo unha aprendizaxe conxunta: nen@s, familias e mestras.

Cada venres os nenos e nenas de infantil e primaria levarán a casa este caderno acompañado dun libriño que deberán ler ao longo da semana, traéndoo de volta OS VENRES, xunto co caderno de Daniel traballado. E estaredes pensando… COMO SE TRABALLA NO CADERNO DE DANIEL? Pois é moi sinxelo. Unha vez que o conto está lido, os nen@s poderán representar no caderno de Daniel a súa visión do conto a través de instrumentos coma son:

 - Debuxos

 - Poesías

 - Refráns

 - Artigos do xornal

 - Composicións plásticas

 - E todo aquilo que se vos ocorra!

Para iso, como xa vos comentamos, NECESITAMOS DA VOSA AXUDA. E COMO?

 - Lendo con eles/elas

 - Motivándoos

 - Dándolle ideas nas súas propias creacións

 - Axudándolles a investigar sobre algún tema en cuestión, a través da reprodución de vivencias dos avós/avoas, do emprego de libros, Internet, xornais..

Moitas grazas pola vosa colaboración e que GOCEDES XUNT@S LENDO.

(*) PRIMARIA: Levades unha folliña que deberedes entregar o último día de cada mes.

 

OLA CHICOS SON SERGIO

OLA CHICOS SON SERGIO DA ESCOLA DE  CRUCEIRO. O MELLOR NOS VEMOS 1 DIA NA BIBLIOTECA DE DANIEL.

GRAZAS POR ESCRIBIRNOS

SOMOS A ESCOLA DE RAÑÓ. TEMOS MOITAS GANAS DE VERVOS, ESPECIALMENTE A SERGIO PORQUE NON O COÑECEMOS.
BICOS DA MESTRA MIRIAN E DOS NEN@S DA ESCOLA DE RAÑÓ.