O SEÑOR MAGO E A FOLLA
O SEÑOR MAGO E A FOLLA
AO OUTONO NON LLE QUEDA MOITO TEMPO, PERO AOS NEN@S DE RAÑÓ GÚSTALLES LEMBRALO XA QUE É UN TEMPO ESPECIAL: FAI FRÍO, VENTO, CAEN AS FOLLAS, OS COGOMELOS AFLORAN AOS REDORES DAS ÁRBORES, CHEGA O SAN MARTIÑO, É TEMPO DE VENDIMIA, MAGOSTO...
CON ESTE CONTO A MESTRA MARÍA AXUDA AOS NEN@S A RECOÑECER ESES ELEMENTOS, ASÍ COMA A FACER QUE VOE A SÚA IMAXINACIÓN. CO DEBUXO REPRESENTAN UNHA VIVENCIA, A SÚA PROPIA VIVENCIA DO CONTO, E COA ESCRITURA PLASMAN CON PALABRAS AQUILO QUE MOSTRAN NO DEBUXO. É POR ISO QUE NON DEBEMOS PERMITIR QUE A PINTURA CONVÉRTASE NUNHA SIMPLE ACTIVIDADE DE RECHEO, SENÓN QUE LEVA CONSIGO UNHA MULTITUDE DE POSIBILIDADES QUE DESEMBOCAN NUNHA CAPACIDADE PRINCIPAL QUE DEBEMOS POTENCIAR NESTAS ETAPAS (INFANTIL E PRIMARIA): "APRENDER A PENSAR POR UN MESM@".
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA:
»
- APIs de Blogue
QUE DEBUXOS TAN
QUE DEBUXOS TAN ARTÍSTICOS!.
A ESTAS IDADES A ARTE DEBE SER PRIMORDIALMENTE, UN MEDIO DE EXPRESIÓN PERO PARA EXPRESAR, DEBEMOS TER ALGUNHA VIVENCIA QUE CONTAR , E OS CONTOS SON UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE PARA DOTAR A NENOS E NENAS DE HISTORIAS E EMOCIÓNS QUE LOGO VOLCARÁN NOS SEUS DEBUXOS.
ESCOITALOS MENTRAS DEBUXAN É UN AUTÉNTICO PRACER .
AS VECES, CANDO DIN "EU NON SEI FACER ISO" , DOUME CONTA DE QUE ALGUNHA INTERFERENCIA ADULTA PRODUCIUSE NA SÚA TRAXECTORIA E QUE O ERRO PODE ESTAR NUNHA AVALIACIÓN INCORRECTA DO TRABALLO CREADOR D@ NEN@, CON ARREGLO AOS GUSTOS ESTEREOTIPADOS DOS ADULTOS.
AS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS QUE NOS OFRECEN SON UN REFLEXO DO NENO OU NENA EN SÍ, DA SÚA TOTALIDADE NUN MOMENTO CONCRETO DA SÚA VIDA.
MOTIVEMOS,AXUDÉMOSLLES A ABRIR POROS DE SENSIBILIDADE E DEIXEMOS QUE SE EXPRESEN.
É UNHA AUTÉNTICA GOZADA! ESCOITÉMOLOS MENTRES CREAN E DESCUBRIREMOS NON A UN NENO ESTEREOTIPADO, SENÓN AQUEL NENO OU NENA EN CONCRETO , ALUMN@, FILL@, NET@.
BIQUIÑOS,
MARÍA