NUMERETE

 

 

PLANETA DO 2

Son Numerete, son Numerete

sonche moi particular

vou de planete en planeta

non paro de viaxar.

Hai que planeta máis raro

onde fun parar

pois déronme 2 pendentes

que non paraban de falar.

Numerete animounos moito a xogar co número 2, e así o fixemos empregando os carozos que algúns nen@s trouxeron á aula. Grazas papás, mamás, avós, avoas... por acordarvos de nós e por esas cousiñas cotiás que tanto empregamos para traballar moitos conceptos matemáticos. Aquí vos deixamos unha mostra diso: