Escola de Rañó

Día Mundial da Auga

O  DÍA  22  DE  MARZO,  DÍA  DA  AUGA, LEMBRAMOS  A  VISITA  DE

 PATRICIA,  A  INSPECTORA  DE  SANIDADE

 

Recibimos a visita de Patricia, unha inspectora de sanidade que

explicounos o que viña facer á Escola de Rañó

Explicounos que ela encargábase de mirar os niveis de cloro na auga

da billa, para 

saber se a auga era "apta para o consumo". Comentounos que agora

non se 

empregaba o termo de "auga potable", cousa que descoñecíamos

Co medidor do cloro, observamos que a auga embotellada non ten

cloro, a diferencia da

auga da billa que necesita baixos niveis de cloro para acabar coas

bacterias

 

 

Patricia afirmou que a nosa auga era "APTA PARA O CONSUMO"

Moitas grazas Patricia!

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE!

 

A "N" DE NOGUEIRA VAI CARGADA DE NOCES, NOCES QUE LEVAN

AOS NENOS E ÁS NENAS DE RAÑÓ DENTRO.

FELIZ DÍA DO PAI !

DENDE  RAÑÓ  VOS  DESEXAMOS  UN  FELIZ 19 DE MARZO

FELIZ DÍA, PAPÁS !!!

VOS AGASALLAMOS COA NOSA PERSONALIZADA SINAL DE TRÁFICO 

E LEMBRADE... NO COCHE EU TAMÉN VOU A BORDO

 


POEMA FEBREIRO

Remata o mes de febreiro e, con el, o poema de XOÁN NEIRA do que aquí deixamos boa mostra.

E o xoves... tivemos máis ENTROIDO

E O XOVES DE ENTROIDO DECIDIMOS IR Á ESCOLA DISFRAZADOS COMO

MÁIS NOS GUSTABA !!

Que ben se pasa no Entroido !

Chegamos moi content@s á escola de Abuín

Disfrazados de TRITÓNS

E tamén de MARUXAINAS

Colocámonos en roda para cantar as nosas cantigas de Entroido

Eu quérome disfrazar...

Fixemos o PASARRÚAS ata unha praciña, na que descansamos

Entramos en calor co SOLCIÑO

Fixemos XOGOS DE RODA, acompañados de Paula, a irmá de Sara

Bailamos seguindo as consignias do mestre Rubén

Veunos visitar SAMUEL, que estivera enfermiño toda a semana

Ao chegar a Abuín, deixamos os nosos disfraces para poder comer e

xogar libremente

Agardábamos impacientes as FILLOAS e as ORELLAS

Despedímonos cantando a nosa cantiga do Entroido

Hoxe, todos

estamos de Entroido.

Vimos disfrazados

cantamos e bailamos.

Orellas, filloas

tamén as degustamos.

Ven o Entroido

xa ven o ENTROIDO

GRAZAS  A  TODOS  E  A  TODAS  POR  COMPARTIR  ESTE  DÍA  TAN  BONITO  CON  NÓS !

Distribuir contido