Samaín e as súas tradicións
Durante a semana pasada festexamos unha festa de gran tradición en Galicia: O SAMAÍN.
Nesta semana lembramos aos celtas e os seus costumes, como foron as “pedras dos desexos”, os MILLADOIROS. Esta cultura tiña nas encrucilladas amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.
Na Escola de Rañó, facendo uso dos elementos do outono, pedimos os nosos desexos empregando unha piña, “as piñas dos desexos”. Queredes velos…?
HELENA |
"QUERO QUE TODO O MUNDO TEÑA COMIDA" |
DANIEL |
"QUERO UNHA COLCHONETA" |
RAÚL |
"EU TEÑO GANAS DUNHA MOTO" |
JAIRO |
"QUERO SER UN DRAGÓN" |
RAQUEL |
"QUERO UN COCHE NOVO" |
YERAY |
"QUERO UN COCHE NOVO" |
SAMUEL SABORIDO |
"OS DOUS BÁCULAS QUE ME FALAN, QUE SON E REAL RIPER E GRIFÓN DE LUME" |
SAMUEL MORALES |
"QUERO SER UN MAGO" |
SARA |
"QUERO SER ANTONELA! |
BRAIS |
"QUERO UN BARCO" |
BORJA |
"QUERO QUE TODOS ESTEAN FELICES" |
NURIA: "QUE A MIÑA AVOA ESTEA FELIZ NO CEO" |
AIDA: "QUERO VIVIR NUNHA MONTAÑA" |
- APIs de Blogue