FACEMOS PAPIROFLEXIA
Hoxe en plástica fixemos PAPIROFLEXIA, a que é unha palabra moi rara?
Esta actividade consiste en facer figuras dobrando papel, sen cortar, sen pegar, sen grapar,... SÓ VALE DOBRAR!!!
Con imaxinación,paciencia e moita práctica podemos facer case todo o que se nos ocorra. Nós empezamos polas bolboretas.
Primeiro aprendemos a conseguir cadrados dunha folla rectangular, pois case todas as figuras parten dunha base cadrada. Despois cada un decorou o seu cadrado de papel con moitas cores para que as bolboretas quedaran ben bonitas.
|
|
Empezamos a dobrar: un pouquiño por un lado, outro pouquiño polo outro,...
CON MOITO COIDADO E ESMERO! |
e quedáronos así de bonitas
Ao final xogamos con elas e fixemos sombras na pantalla inventando pequenas historias
pero faltábannos personaxes, por iso decidimos seguir practicando para aprender a facer: paxaros, avións, flores,... Aínda que iso será outro día, pois hoxe xa traballamos moito!
- APIs de Blogue
PARA OS MEUS AMIGOS/AS DE RAÑÓ
QUE BONITAS ESAS BOLBORETAS!!!.CASE PARECEN DE VERDADE.A VER SE PRACTICADES CON ALGUNHA FIGURA MÁIS. ESTÁ CLARO QUE SODES UNS ARTISTAZOS.BIQUIÑOS.
O NOSO AMIGO IVAN TROUXO
O NOSO AMIGO IVAN TROUXO A ESCOLA MOITAS FIGURAS DE PAPIROFLEXIA.YAIZA
ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!!. Sol e todos nós