O NOSO XARDÍN

 

Levamos traballando no xardín da escola  dende o inicio do curso para que ao chegar a primavera lucise bonito e puidésemos desfrutar del.

Os traballos iniciais foron os máis duros, pero grazas á colaboración de pais/nais e outros familiares todo foi máis doado.

Así empezamos... 

   

 
Pero o curso é longo e deunos tempo a facer outras moitas actividades: pintamos as macetas nas que pronto plantaremos flores. 

Tamén realizamos actividades de reciclaxe e foi así como transformamos botellas de leite, tapas, botes de iogur,... en adornos para o noso xardín: bolboretas, flores e xoaniñas.  

   
   

Quedáronnos así de bonitos.

O esforzo mereceu a pena e agora temos este xardín... 

 
 

que coidamos con moito esmero entre todos. 

   
   
   
   

Sonriente   Sonriente   Sonriente

GUSTOUME MOITTO  O XARDIN

GUSTOUME MOITTO  O XARDIN E VER COMO REGABADES. ANXO

Forrado

A MIN TAMÉN ME ENCANTA

A min tamén me encanta o voso xardín:

As frores de verdade e tamén as que fixéchedes con refugallos. É un xardín moi fermoso, coidadeo moito, para a semana irán os nenos e nenas do Castelao visitar a vosa Escola de Rañó e seguro que van quedar encantados co xardín.

Un bico moi grande para todos e todas vós e para a profe Ana.

Tobías

QUE XARDÍN TAN BONITO,

QUE XARDÍN TAN BONITO, TEÑO MOITÍSIMAS GANAS DE IR POLA VOSA ESCOLA PARA VELO BEN. XA VEXO QUE ESTE ANO ESTADES MOI TRABALLADORES.
BICOS.
PATRICIA (profe)

QUE XARDIN TAN BONITO!!

VEMOS O VOSO XARDIN CANDO IMOS A PRESCOLAR NA CASA. Lidia e Xoel

QUE XARDIN TAN BONITO TENDES. Nerea e Dani

GUSTANOS MOITO. Iria e Antía