Escola de Rañó

Merendas saudables

Con estes manteis creados polos nenos e nenas de Infantil, coa axuda da profe Cris,  as nosas merendas saudables están aínda máis ricas.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA

Que ben o pasamos na nosa primeira saída a Santiago de Compostela! Estas imaxes dan boa conta da nosa experiencia.

 

 

SAÚDO DENDE A ESCOLA DE RAÑÓ

SAÚDOS DENDE A ESCOLA DE RAÑÓ

SOMOS: AIDA,LUCÍA, PAULA, CLARA, DAMIÁN, PABLO E JAIRO

MOITA SORTE CAMPEÓNS

REMATA O CURSO E CHEGA O MOMENTO DAS DESPEDIDAS...

OS MAIORES DA NOSA ESCOLA SE NOS VAN PARA O CASTELAO, BRAIS E LEO MÚDANSE DE POBO

E SAMUEL SE NOS MARCHA PARA SUIZA.  Triste

 

POLO QUE SON DÍAS NOS QUE SE MESTURAN SENTIMENTOS DE DE ALEGRÍA, POLA CHEGADA DAS TAN DESEXADAS VACACIÓNS DE VERÁN, PERO TAMÉN SIENTIMENTOS DE TRISTEZA, PORQUE Á VOLTA XA NON TEREMOS CON NÓS A TOD@S ELES E BOTARÉMOLOS MOITIIIIIÍSIMO DE MENOS.

POR ISO DENDE AQUÍ QUERÉMOSLLE FACER A TODOS ELES UNHA PEQUENA HOMENAXE

E DESEXARLLE MOITA SORTE NA SÚA NOVA ANDADURA.

 

AMIGUIÑ@S... AQUÍ TENDES ALGÚNS DOS VOSOS MOMENTOS DO PASO POLA ESCOLA DE RAÑÓ.

  

     

 

 

 

UN RECREO DISTINTO

DISFRUTANDO DUN SOLEADO RECREO COA HAMACA DO MESTRE JUAN

AXUDANDO AO CAPITÁN PLANETA

HOXE 30 DE XUÑO, OS NEN@S DO CRA DE RIANXO FOMOS Á PRAIA DA TORRE (EN TARAGOÑA) PARA LEVAR A CABO UNHA IMPORTANTE MISIÓN ENCOMENDADA POLO NOSO AMIGO O CAPITÁN PLANETA

A MISIÓN CONSISTÍA EN  LIMPAR A PRAIA DO LIXO QUE ALGUNHA XENTE TIRA SEN IMPORTARLLE NADA. ASÍ QUE CON GUANTES E BOLSAS TOD@S XUNT@S NOS PUXEMOS MANS Á OBRA.

 E AÍNDA QUE TRABALLAMOS MOOOOITO E RECOLLEMOS MOITAS BOLSAS DE LIXO...TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA DIVERTIRNOS E XOGAR A UNHA GRAN CANTIDADE DE XOGOS...

    I

    

      

    

    

FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA , NA QUE TOD@S NOS CONCIENCIAMOS DA GRAN IMPORTANCIA QUE TEN O COIDADO E O RESPECTO POLA NATUREZA E OS ENTORNOS QUE NOS RODEAN.

GRAZAS CAPITÁN PLANETA !!

ESPERAMOS A TÚA PRÓXIMA MISIÓN !!

 

VISITA DOS NENOS DO CRA DE RIANXO AO CEIP CASTELAO

ONTE 29 DE MAIO, OS NENOS/AS DO CRA DE RIANXO FOMOS A VISITAR O COLEXIO CASTELAO, PARA ONDE IMOS IR O  PRÓXIMO CURSO.

ALÍ, ADEMAIS DE COÑECER AS INSTALACIÓNS E COMPAÑEIROS/AS DO VINDEIRO CURSO, REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.

UNHA DELAS FOI A INVENCIÓN DUN FERMOSÍSIMO CONTO QUE REALIZAMOS ENTRE TODOS OS NENOS/AS DE 2º DE PRIMARIA E QUE QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

UNHA BIBLIOTECA EN PERIGO

Nunha vila mariñeira chamada Rianxo, vivían tres pandillas de nenos/as: os Chupalibros, os Inventores de Palabras e os Libros Rotos.

Os Chupalibros adicábanse a levar moitos libros para a casa e alí manchalos de tinta, de zume, de leite, de sopa...

Os Inventores de Palabras non lían nin unha palabra ao dereito, nunca entendían nada do que aparecía nos libros...

Os Libros Rotos rompían tódolos libros que caían nas súas mans: libros de aventuras, poesías, comics... ás veces incluso utilizaban algunha tesoira.

A biblioteca da vila daba pena vela: os andeis estaban cheos de arañeiras, os libros rotos e cheos de manchóns, ulía fatal e, o máis importante, a penas tiña visitantes. Era unha biblioteca triste.

Un día de primavera chegou un grupo de artistas á vila, os Rescatalibros. Chamábanse: Borja, Brais, Daniel, Helena, Samuel, Aitana, Lucas, Maira, Xaquín e Samuel.

Na praza adicábanse a ler poesías, facían teatro, contaban fermosas historias, inventaban e escribían contos.

Os nenos e nenas na vila observaban coma os Rescatalibros disfrutaban coas historias, sorrían, divertíanse, emocionábanse e , sobre todo, observaban que eran felices.

Un neno da vila chamado Sergio tivo a gran idea de imitar o que facían aqueles artistas e, pouco a pouco, tódolos nenos e nenas empezaron a disfrutar coa poesía, co teatro e con todas as lecturas que caían nas súas mans.

Decidiron facer da biblioteca o lugar máis agradable da vila. Decoraron con murais as súas paredes, limparon as arañeiras, arranxaron os libros, expuxeron as súas propias poesías e contos,...

Un día de primavera os Rescatalibros desapareceron da vila. Todo o mundo se preguntaba a onde irían. Sergio sabía a resposta:

OS RESCATALIBROS VAN FACER FELICES A OUTROS NENOS/AS!!

FIN

Nenos e nenas de 2º do colexio Castelao e do CRA de Rianxo.

 

APÍPOLIS

TRAS MOITOS DÍAS INVESTIGANDO E APRENDENDO SOBRE AS ABELLAS...CHEGOU O GRAN DÍA,

A VISITA A APÍPOLIS !!!

ADEMAIS DE LEMBRAR MOITAS COUSAS QUE XA SABÍAMOS, APRENDEMOS OUTRAS MOITAS COUSAS NOVAS COAS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS.

UNHA DESAS ACTIVIDADES FOI A VISITA AO APIARIO, PARA A CAL NOS TIVEMOS QUE VESTIR CO TRAXE DE APICULTOR. DESTA VEZ NON NOS VETIMOS CUN DISFRACE...SENÓN CUN TRAXE DE APICULTOR DE VERDADE!!!

AO PRINCIPIO, ISTO DE ESTAR TAN PRETO DAS ABELELAS A ALGÚNS NOS DOU UN POUQUIÑO DE MEDO, PERO FOMOS MOI VALENTES E TRAS COMPROBAR QUE ESTÁBAMOS PERFECTAMENTE PROTEXIDOS COS NOSOS TRAXES XA NON TIVEMOS MEDIÑO NINGÚN.

 

OUTRA DAS ACTIVIDADES FOI UN TALLER DE COCIÑA. NO CAL PREPARAMOS UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE MEL QUE LOGO LEVAMOS PARA A NOSA CASIÑA.

 

TAMÉN FIXEMOS UNHA VISITA POLA SALA DE EXPOSICIÓNS...

CANTAS COUSAS INTERESANTES APRENDEMOS E QUE COUSAS FERMOSAS VIMOS. DENDE UNHA COLMEA NATURAL DE VERDADE CHEA DE ABELLAS TRABALLANDO ATA UN VIDEO NO QUE A ABELLA RAÍÑA POÑÍA UN OVO. XOGAMOS A UN XOGO DE LAZARLLE A PELOTA A UN ZÁNGANO, BUSCAMOS A ABELLA RAÍÑA CUNHA LUPA, VIMOS OS DISTINTOS TIPOS DE PANAIS... E MOITAS COUSAS MÁIS. 

 

VIMOS COMO SE FAI O PROCESO DE EXTRACIÓN DO MEL E PROBAMOS COMO SABE O POLEN QUE RECOLLEN AS ABELLAS DAS FLORES...

E POR ÚLTIMO RIMONOS MOITO CUN CONTO DE ABELLAS MOIIII DIVERTIDO.

PASÁMOLO MOI BEN

DISFRAZÁMONOS DE APICULTORES/AS

HOXE AO CHEGAR AO COLE ESPERÁBANOS UNHA PEQUENA SORPRESA...

O MESTRE IVÁN DA ESCOLA DE QUITÁNS PRESTOUNOS O SEU DISFRACE DE APICULTOR E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO...TODOS PROBAMOS A EXPERIENCIA DE SENTIRNOS APICULTORES/AS POR UN DÍA.

GRAZAS MESTRE IVÁN !!!

Distribuir contido