Escola de Rañó

ENTROIDO

A verdade é que o Entroido é unha das nosas datas preferidas. Moito nos gusta aos de Rañó seguir as consignas do nos@ Toribi@. Cada día unha nova sorpresa!Guay

Grazas aos amigos e amigas de Outeiro por darnos tan boa acollida na súa escola. As Margaritas e os Velázquez quedamos che@s de frío pero moi, moi, moi content@s.

Unha mágoa que nos faltasen 3 membros do noso equipo neste gran día.Triste

 

Pero para recordar que guap@s nos puxemos ese día mirade o video.

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

En Rañó tamén traballamos pola PAZ. Coñecemos máis curiosidades sobre un dos nosos pintores favoritos Pablo PICASSO e a súa pomba da paz. Sabiades que lle chamou PALOMA á súa filla? e que a súa neta chámase PAZ? e se vos fixades todos comezan por P de Pablo, de Paula Vicente e de Paula Benzamouche.

Neste día tan especial lembramos a importancia desta conmemoración co poema de Xosé Neira Vilas da CANTAROLA DOS NENOS, que decidimos plasmar no noso mural da PAZ.

 

PARABÉNS LOIS!

No mes de xaneiro Lois cumpreu 4 anos. Este neno faise maior!

MISIÓN DO CAPITÁN PLANETA

Para a nosa sorpresa, a primeira misión que nos encomendou o Capitán Planeta foi PLANTAR LIXO. Ao principio non confiabamos moito nesta misión xa que non era moi lóxico que o heroe que defende o coidado do planeta nos propuxese plantar lixo. Pero, coma sempre, quería darnos unha boa lección. Mirade, mirade canto aprendemos deste experimento.

FESTIVAL DE NADAL

Moitos foron os nervios acumulados antes da nosa actuación! Pero quen se acorda diso agora? Foi unha experiencia fantástica para as nosas presentadoras, para os/as intérpretes e bailaríns e bailarinas. Podedes recordalo vendo as nosas fotos. Un forte aplausooooooo!

MAGOSTO NA ESCOLA DE RAÑÓ

Este foi un día para non esquecer. Cantamos, bailamos, xogamos e comemos a fartar!! Pasámolo en grande! Moitas grazas familias polo voso esforzo e traballo para que todo saíse ás mil marabillas e moitas grazas profes, nenos e nenas por compartir con nós esta xornada.

AS DONCELAS DO MILLO

 Esta foi a nosa primeira visita á biblioteca de Daniel neste curso. Alí tamén nos agardaba o profe Rubén para ensinarnos unha fermosa canción. Non perdades detalle do ben que o pasamos!

DIVERSIÓN NO SAMAÍN

A nosa celebración do Samaín foi do máis divertido! Chea de misterios, feitizos, conxuros, receitas terroríficas, cabazas arrepiantes.... Mirade, mirade, que estas imaxes dan boa conta do ben que o pasamos.

 

 

Período de adaptación SUPERADO!!

Fantástica adaptación dos de 3 anos ao grupo de Rañó. Benvidos Lois e Paula!

Distribuir contido