O casco de ouro de Leiro

   Esta é unha historia ben fermosa, coma moitas outras, só que aconteceu na nosa aldea e é protagonizada por un veciño noso, o señor José María Vicente. Quizais é por isto polo que nos gustou tanto investigar sobre ela.

Con moito cariño e dedicación realizamos os agasallos para o homenaxeado e aprendemos un montón de curiosidades sobre o casco de ouro de Leiro.

OLAAAA RAÑÓ

OLA CHICOS E CHICAS  DE RAÑÓ PERO QUE GUAPOS E QUE MAIORES ESTADES!!! SAÍCHEDES NO XORNAL QUE BEN VOS VIN!! ESTE CURSO CASE QUE NON NOS VIMOS PORQUE TIVEN UN BEBÉ QUE SE CHAMA LUCÍA E PEDÍN PERMISO PARA QUEDAR NA CASA A COIDAR DELA. QUERÍA IR A VISITARVOS PARA QUE COÑECÉRADES AO MEU BEBÉ PERO CHOVEU TANTO E FIXO TAN MAL TEMPO QUE AO FINAL NON PUIDEN IR, SÍNTOO....PERO NON PASA NADA XA VOS ENSINAREI FOTOS CANDO VOLVA Á VOSA ESCOLA QUE XA FALTA MOI POUQUIÑO.

PARA A SEMANA QUE VEN , XA EMPEZO  DE NOVO A TRABALLAR E ESTAREI CON TODOS VÓS NO CRA. VOTEIVOS MOITO DE MENOS PORQUE VOS QUERO MOITO, E QUERÍA SAUDARVOS E DARVOS A NORABOA POR TODO O TRABALLO QUE FIXESTEDES!!! ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!!!

UN BICO MOI MOI GRANDE!!! VÉMOMOS PRONTO