Clube de Ciencia Nautilus
21ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: "PULPINI"
Nesta sesión do club de ciencia coñecemos a historia de Pulpini, o polbo que non quería ser polbo pero que ao final descubreu que podía facer maxia. A través deste conto coñecemos moitas características destes curiosos animais mariños:
E igual ca el nós tamén fixemos un pouco de maxia.... Debuxamos o noso animal mariño cunha tinta moi especial: tinta de cefalópodo!!!
Foi moi divertido pintar con esta material tan asombroso! A verdade e que os debuxos nos saíron moi ben! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
20ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: IMÁNS E ELECTRICIDADE
Na sesión do club de ciencia desta semana aprendemos sobre os imáns e a electricidade, puidemos experimentar e manipular un montón de cousas chulas!! Comprobamos como os imáns se poden atraer ou repeler...e que os hai de máis e menos "forza".
Tamén aprendemos un montón sobre electricidade, fixemos un circuito eléctrico e foi xenial observar como colocando os cables correctamente á pila e á bombilla... facíase a luz!!
Pasámolo súper ben! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
19ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: CONSTRUIMOS
Nesta sesión do noso club de ciencia traballamos con bloques de construcción para poñer a proba a nosa imaxinación!
Fixemos retos a través dos que, cun tempo limitado; construimos diferentes formas seguindo as normas marcadas por María e David.
Como sempre pasámolo moi ben e entrenamos moito a nosa mente! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
18ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: COÑECEMOS A NOSA CONTORNA
Esta semana no club de ciencia convertímonos en biólogos e botánicos para coñecer a fauna e a flora da nosa contorna.
Aprendemos moitas cousas sobre os animais e as plantas que viven e crecen nos montes e nos entornos naturais de Rianxo a través de xogos, láminas e mostras.
Pasámolo moi ben e aprendimos un montón sobre a biodiversidade da nosa terra. Ata á próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: PROXECTO VERMES DE SEDA
Ao longo dos últimos meses en tres das nosas aulas estase a desenvolver un proxecto científico común. Os nosos compañeiros e compañeiras das escolas de Quintáns, Pazo e Rosalía de Castro de Cruceiro están traballando nas súas aulas un proxecto sobre a evolución dos vermes de seda, dende que nacen dos seus ovos ata que se converten en bolboretas.
Os nosos compañeiros e compañeiras están moi pendentes dos seus vermes: xa que hai que alimentalos e coidalos. Tamén hai que observalos para documentar a evolución dun xeito científico. A través desta observación descubriron moitas cousas: que cando estan en estado de eiruga, os vermes de seda son supervoraces, comen moitísimo e crecen moi rápido, encántanlles as follas do moreira!! Logo tamén descubriron que para pasar ao estado de bolboreta elaboran os seus propios casulos onde permanecen durante un par de semanas para saír convertidos en bolboretas brancas.
Encántanos o voso proxecto compañeiras e compañeiros, noraboa! Seguide investigando!
- APIs de Blogue
17ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AZUCRE E REFRESCOS
Esta semana no noso club de ciencia falamos dos refrescos e do azucre. Empezamos falando dos distintos tipos de azucre que hai, moreno, blanco, que é o azucre refinado?... Aprendemos que alimentos teñen azucre beneficioso para o noso corpo (porque o azucre como outros alimentos é necesario para o noso corpo e o noso desenvolvemento) e cales conteñen azucre que non nos aporta nada e que non deberíamos consumir de xeito habitual. Entre os alimentos deste último grupo destacan os refrescos. Así que experimentamos cos refrescos e cos seus compoñentes para descubrir por exemplo como se consiguen as burbullas que nos fan cóxegas e nos gustan tanto cando os bebemos.
Fixemos tamén un experimento de quentar un refresco de cola nunha sartén e descubrimos que a auga se evapora e o que queda é unha pasta de cor negra... todo o azucre da lata de refescro!!! Descubrimos que cada lata de refresco contén uns 35 gramos de azucre o equivalente a seis azucriños dos que poñen nas cafeterías cando se pide un café. Entón cando bebemos un refresco tomamos o mesmo azucre que si nos tomaramos 6 cafés!!!
Así que xa sabedes compañeiros e compañeiras ollo cos refrescos! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
16ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: XOGANDO CON OVOS
Na sesión de onte do noso club de ciencia aprendemos a facernos preguntas sobre algo do que pensabamos que xa o sabíamos todo: o ovo! Por que os ovos son ovalados e non redondos? Somos quen de facelos xirar? Que foi antes o ovo ou a galiña?
Fixemos experimentos a través dos cales descubrimos que podemos facer xirar un ovo pero só si está cocido! Si está cru non!! E que si metemos un ovo nun vaso de auga afúndese, pero se á auga lle votamos sal o ovo flota!
Tamén aprendimos que dentro do mar poderíamos coller a mamá ou a papá ao colo porque ao flotar pesan menos e poderíamos con eles!
Pasámolo moi ben xogando con ovos. Ata á próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTANDO COA LUZ EN CRUCEIRO
Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro estiveron experimentando sobre a descomposición de luz branca:
Obtiveron imaxes tan fermosas como estas:
Noraboa compañeiros e compañeiras sodes uns aunténticos científicos e científicas. Quen se anima a experimentar coa luz?
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: ASTRÓNOMOS EN QUINTÁNS.
Os nosos compañeiros e compañeiras da escola de Quintáns estudaron o movemento de rotación do noso planeta. Ehh... en que consiste este movemento preguntas? Pois que a Terra xira sobre sí mesma, este movemento fai que se sucedan os días e as noites.
Os nosos compañeiros de Quintáns fixeron a seguinte simulación:
colocáronse nun lugar da escola no que non había xanelas para poder apagar a luz e quedar as escuras. Simulando a luz do Sol ca linterna dun móbil puideron experimentar como se produciría este movemento no espazo utilizando un globo terráqueo. que vos parece? alguén quere probar?
Moitos bicos para os nosos astrónomos e astrónomas de Quintáns!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
15ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: SENDEIRO DO RÍO TÉ
Na sesión desta semana fixemos unha pequena exploración do sendeiro que une a sede do CRA cun tramo do río Té. O obxectivo era observar a flora e a fauna da zona.
No caso da flora puidemos observar diferentes tipos de plantas con flores de cores:
No caso da fauna puidemos detectar certos animais que comezan a estar presentes nesta época. Fomos quen de observar bolboretas, formigas, lombrices, vacas e ovellas (domésticas que estaban a pastar), zapateiros no río e unha súper sorpresa, observamos unha rá que andaba no medio da herba!!
Facía bo día, camiñamos, divertímonos e aprendemos resultou unha sesión xenial!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »