Clube de Ciencia Nautilus
20ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: SENTIMOS
Esta sesión do club de ciencia foi de carácter sensorial. María e David trouxéronnos diferentes materiais cos que experimentamos a través do tacto: experimentamos con estes materiais para ver como se desenvolvían. Tocamos diferentes tipos de area kinética e ata tiñamos scornabots! Por último xogamos a adiviñar o material a través do tacto sin velo. Pasámolo xenial! E aprendemos un montón!
!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
19ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: PEIXES CARTILAXINOSOS, O TIBURÓN
Esta sesión do club de ciencia adicámola aos peixes cartilaxinosos. O peixe cartilaxinoso que nos encanta a todos e todas é o tiburón. Puidemos observar un tiburón de verdade, e estivemos falando das súas características, pero tamén falamos doutros peixes cartilaxionosos. Estivemos vendo as diferencias entre o tiburón, a manta e a raia.Debuxamos tiburóns e mantas, e aprendimos sobre os dentes dos tiburóns chegando a facer un molde da dentadura.
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTANDO COA AUGA NA ESCOLA DE CAPELA
@s nos@s compañeir@s da Escola de Capela estiveron aprendendo un montón a través de diversos experimentos con auga. Algúns destes experimentos veñen recollidos no dossier que presentamos e outros parten da formación deste curso. Para o Equipo de Club de Ciencia é unha enorme satisfacción poder observar como as nosas propostas e o que imos aprendendo se leva ás aulas para compartir co noso alumnado. Moitas grazas compañeir@s!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: MALETA VIAXEIRA NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO.
@s nos@s compañeir@s da Escola de Rosalía de Castro queren compartir con todos nós estas fotografías onde están empregando algúns dos materiais da maleta científica viaxeira. Grazas compañeir@s. Esperamos que lle saquedes proveito e que aprendades un montón.
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: COÑECENDO O REINO ANIMAL NA AULA DE CAPELA PRIMARIA
Os nos@s compañeir@s da aula de Capela Primaria queren ser expertos no que se refire ao Reino Animal polo que estudaron as principais características dos animais e fixeron unha clasificación segundo diversos aspectos: vertebrados e invertebrados, domésticos e salvaxes, carnívoros, herbívoros ou omnívoros, terrestres, acuáticos e anfibios.....
Utilizando fotografías, cunchas , plumas... e reproduccións en plástico dos distintos animais foron facendo a súa clasificación: moluscos, aves, mamíferos, peixes, reptís, insectos.... Noraboa compañeir@s, gran traballo!
- APIs de Blogue
18ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COÑECEMOS O NOSO CORPO II
Esta semana no noso club de ciencia retomamos o estudio do noso corpo. Nesta ocasión falamos do ADN, e fixemos un experimento para aprender a extraer o noso propio ADN.Tamén falamos da constitución do noso corpo e dos nosos ósos. E fixemos un puzzle con radiografías! Aprendemos a observalas e interpretalas e montamos un corpo humano enteiro de 1,5 m de altura.
- APIs de Blogue
17ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: PALEONTÓLOGOS POR UN DÍA
Esta semana no club de ciencia convertémonos en paleontólogos por un día. Observamos fósiles e tamén os desenterramos de bloques de xeo, traballando en equipo e con paciencia usando mazos e martelos. Aprendemos un montón de cousas e María e David faláronnos tamén da diferencia que hai entre ser paleontólogo, arqueólogo e antropólogo.
- APIs de Blogue
16ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COÑECEMOS O NOSO CORPO I
Na sesión do club desta semana coñecemos moitas cousas do funcionamento do noso corpo. Estivemos falando de diferentes órganos, vimos un corazón de porco que funciona igual que o noso, estudiamos o sangue e vimos o funcionamento do corazón a través dun experimento de bombeo de auga.
Tamén estivemos vendo as proporcións do noso corpo, por exemplo, sabías que o teu pé mide igual que o teu antebrazo? E por último falamos das células do noso cerebro, as neuronas, e as representamos con plastilina.
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: DOSSIER DE EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA 21-22
En documento adxunto mandamos un dossier con diversos experimentos científicos para levar a cabo nas nosas escolas. Son experimentos adaptados a idade do noso alumnado. Este dossier é froito da sesión de formación do curso pasado impartiada por Xosé Manuel Viñas. Dende o Equipo de Club de Ciencia animámosvos a levalo ás aulas. Esperamos que o atopedes interesante, que vos facilite o traballo e que vos guste moito.
Un bico grande para todos e todas.
Podedes acceder directamente ao dossier clicando a continuación
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: MUSEO DO MAR NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO
Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras da escola de Rosalía de Castro lograron montar o seu propio museo do mar dentro da súa escola. Co esforzo e colaboración de todos e todas foron xuntando moitos elementos para crear este precioso e espectacular museo. Quedouvos realmente estupendo e moi completo! Noraboa compañeiros!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »