Clube de Ciencia Nautilus
CIENCIA NA ESCOLA : OVOS DE CARACOL EN CAPELA PRIMARIA
Os nosos compañeiros de Capela Primaria, atoparon ovos de caracol no patio da escola. Decidiron protexelos, tanto aos ovos como á mamá caracol acomodándoa nunha caixa con terra para evitar que ninguén os pisase por accidente. Esperemos que e breve nazan caracoliños destes ovos tan especiais.
- APIs de Blogue
15ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: CONSTRUCTORES
Hoxe no noso club de ciencia traballamos xeometría dun xeito diferente e divertido. Con paus de madeira e bolas de plastilina tivemos que resolver distintos retos que nos plantexaron María e David.Con tempo limitado tivemos que facer distintas figuras, tanto planas como en 3D. Traballamos a destreza manual, a orientación espacial, a capacidade de concentración e a nosa creatividade na construción de figuras libres.
Ao final tiñamos que construir unha figura todos xuntos colaborando en equipo, foi estupendo e pasámolo moi ben!
- APIs de Blogue
XORNADA DE FORMACIÓN CLUB DE CIENCIA 2021-2022
O pasado xoves 17 de febreiro o profesorado do CRA de Rianxo participamos nunha xornada de formación do club de ciencia sobre recursos e actividades para traballar o mundo mariño nas aulas de infantil e 1º ciclo de primaria. A ponencia correu a cargo de María e David de Arenaria Coordinación que como non, trouxéronnos moitísimo material e ensináronnos moitas actividades que podemos levar a cabo nas nosas aulas.
Aprendimos un montón de cousas para enriquecer con actividades e experimentos o noso proxecto "OcéanoCRAfico: estudo e conservación do medio mariño" e por suposto pasamos unha tarde xenial experimentando e manipulando con María e David. Grazas chicos!
- APIs de Blogue
14ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: OBRADOIRO DE CUNCHAS
Este curso no noso club de ciencia estamos aprendendo moitas cousas relacionadas con proxecto que estamos levando a cabo nas nosas escolas "OcéanoCRAfico: estudo e conservación do medio mariño". Hoxe tocoulles as cunchas!
Coñecimos un instrumento novo, o calibre que nos permite medir a cuncha para saber a talla do animal que temos diante. É un aparello que se utiliza a diario nas lonxas, e permite saber si o marisco ten o tamaño reglamentario ou pola contra se foi collido demasiado cedo e aínda lle falta por crecer.
Traballamos con cunchas de vieiras, zamburiñas, volandeiras, ameixas e mexilóns. Descubrimos que todos eles son animais bivalvos que teñene dúas cunchas, e que todos teñen un antepasado común que é o nautilus, e coñecimos tamén outro animal prehistórico que é tamén antepasado dos bivalvos o argonauta.
E tamén coñecimos o nome científico de todos estes animais, e descubrimos que se dí igual en todas as partes do mundo! e sabías que no etiquetado ten que vir recollido?? Pois é moi importante para que o consumidor coñeza a procedencia do produto que compra.
- APIs de Blogue
13ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: MULLERES CIENTÍFICAS
Este curso pola conmemoración do Día da Muller no noso club de ciencia quixemos adicar unha sesión as mulleres científicas e aos sus descobrementos. María e David trouxéronnos moitas cousas de moitas mulleres. Aprendimos moito sobre a historia da muller na ciencia.
A verdade e que aínda nos segue sorprendendo o gran número de mulleres científicas que fixeron descobrementos increíbles e que todavía non reciben o recoñecemento que se merecen. Dende o noso club quixemos darlle ese recoñecemento: bravo por todas elas!
Estamos seguros e seguras que dentro do noso club temos grandes futuras científicas. Ata a próxima!
- APIs de Blogue
12ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: QUÍMICOS POR UN DÍA.
Hoxe o noso club de ciencia converteuse nun auténtico laboratorio de química. María e David trouxéronnos distintos materiais de traballo xa coñecidos por nós pero que nos encanta utilizar como son as pipetas ou os tubos de ensaio, e convertímonos en químicos por un día.
Experimentamos coa acidez de diversos produtos químicos. Comprobamos a acidez usando o xugo de col lombarda para ver a reacción nos cambios de cor dos distintos líquidos que empregamos e falamos dos procesos químicos que se producían nas diferentes mesturas.
Pásamolo moi ben e aprendemos un montón!
- APIs de Blogue
11ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: DETECTIVES DE ALIMENTOS
Esta actividade é unha das nosas favoritas aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben experimentando e aprendendo sobre aquilo que comemos. Hoxe falamos da composicón das comidas dende o punto de vista científico.
Fixemos experimentos que nos permitiron detectar a presencia do almidón en varios alimentos como a pataca, o arroz, o pan....pero o que non sabíamos era que o levaban as salchichas!!!! Pois si, as salchichas e algúns tipos de fiambre tamén o levan! Quedamos pampos!
Que importante e coñecer o que comemos! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
10ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COUSAS CURIOSAS SOBRE O PLANETA
Nesta sesión do club María e David trouxéronnos dous mapamundis magnéticos, e plantexáronnos distintos retos para que buscaramos as pezas e as colocaramos no lugar correspondente. Aprendemos moitas cousas sobre a flora e a fauna dos disitintos continentes e moitas curiosidades científicas! Por exemplo.... ti sabes onde viven os pingüinos no polo norte ou no polo sur?ou... de onde ven o arroz?
Pasámolo moi ben! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
9ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: CADA ANIMAL NA SÚA CASA
Despois das vacacións de Nadal retomamos as sesións de club de ciencia investigando sobre onde viven os animais da nosa costa, con quen conviven, que tipo de vida levan... aprendemos moito e pasámolo moi ben, ata xogamos a que animal é? empregando únicamente o sentido do tacto!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CIENCIA NA ESCOLA: OCEANÓGRAFOS NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO
Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Rosalía de Castro estánse convertindo nus fantásticos oceanógrafos.
Aquí os vemos estudando os corais e os ourizos mariños, menudas bocas!
Tamén puideron observar e estudar un auténtico cabaliño de mar! Noraboa polo voso traballo compañeiros e compañeiras, seguide investigando!
Ata á próxima!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »