Maxia ou ciencia

CIENCIA OU MAXIA

Mercores 31 de xaneiro

Hoxe  comezaron as actividades do Clube de Ciencia Nautilus. Despois da visita de David e de María polas escolas do C.R.A. a semana pasada, hoxe comezamos a experimentar no Clube. Están inscritas no Clube 34 nenas e nenos, polo que María e Tobías lle explicaron ás familias que para que o Clube sexa auténticamente científico hai que facer dous grupos, pois tantos nenos e nenas non poden traballar ben no laboratorio.

Hoxe fixemos experimentos científicos que semellaban maxia, foron increibles, aquí podedes ver algunhas fotos e mirar vos se son cousas de ciencia ou de maxia:

IMAXES DE CIENCIA OU DE MAXIA

QUE EXPERIMENTO FOI MAIS SORPRENDENTE? 
Un experimento con xeo seco, así se chamaba? David será capaz de encender a vela a distancia?
Rebotará mais o balón ou a pelota? Dentro do tubo hai levaduras. Que son? Porque sube o que hai dentro do tubo??
Porque non caerá o bote de refresco? Quimarase a man de David? e que pasará se achegamos o globo ao lume?
Que lle pasaba aos tubiños de papel cando ardían. Seguirá medrando a burburulla aínda?